Seis concellos pontevedreses estarán compostando preto do 100% dos seus residuos orgánicos a mediados do 2018
Por Oskar Viéitez
Seis concellos da provincia de Pontevedra estarán compostando preto do 100% dos seus residuos orgánicos a mediados do próximo ano 2018. Son os municipios de Mondariz, Mondariz Balneario, Vilaboa, As Neves, O Grove e Pontevedra.
Así o confirmou este luns o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera ao informar que cinco destes concellos (todos menos Pontevedra) recibirán un total de 1.194.410 euros en subvencións da institución provincial destinadas á adquisición dos centros de compostaxe comunitaria necesarios para a posta en marcha do novo sistema, así como dos materiais complementarios para o seu bo funcionamento.
No caso do concello da capital recibirá axuda técnica para a implantación do sistema de compostaxe, así como asesoramento para adoptar os cambios necesarios nas ordenanzas e demais cuestións administrativas, como a adaptación das taxas.
Estes seis concellos serán os primeiros de Galicia en cumprir o obxectivo mínimo do 50% que marca a directiva europea para 2020, sinalou Mosquera.
DESAPARECE O COLECTOR VERDE
O asesor provincial de residuos, Carlos Pérez, explicou que nestes seis municipios "nun momento determinado, previo a finais do ano 2018 desaparecerá o colector no que se deposita todo mesturado". É dicir, recolleranse plásticos, vidros, cartón, papel pero desaparecerán os colectores de cor verde nos que se poida depositar "calquera cousa", fundamentalmente lixo orgánico.
A supresión deste colector "é o elemento crave que determinará se funcionamos ou non", dixo Carlos Pérez.
A partir deste punto o resto de concellos da provincia terán que cumprir cuns compromisos mínimos que "significan un paso radical que determinará que a iniciativa funcione".
Neste propósito atópanse 29 concellos da provincia de Pontevedra que solicitaron a adhesión á segunda fase do Plan Revitaliza da Deputación. Ademais dos seis concellos antes mencionados atópanse: Baiona, Barro, Bueu, Caldas, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, Catoira, Cuntis, Moaña, Oia, Ponte Caldelas, Ponteareas, Porriño, Rodeiro, O Rosal, Salvaterra, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga e Vilagarcía.
César Mosquera admitiu que "sempre tiven a esperanza de chegar a este punto pero tiña dúbidas" xa que debido a cuestións como o ritmo que levou o Plan Revitaliza "había algún momento que parecía que se nos ía das mans" debido á gran demanda e interese suscitado.
"Estamos mesmo por encima dos obxectivos" que se marcaron hai dous anos coa posta en marcha do Plan para alcanzar aos 150.000 habitantes neste novo sistema de xestión de residuos.
Relacionadas:
-
Campo Lameiro protexe os contedores do seu núcleo urbano das inclemencias meteorolóxicas
Por Redacción |
-
Cuntis pon en marcha un programa para estender a compostaxe domiciliaria
Por Redacción |
-
A Deputación abre a porta para instalar composteiros en terrazas na terceira fase do Plan Revitaliza
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Valencia aplaude a proposta de compostaxe descentralizada da Deputación de Pontevedra
Por Redacción |
-
25 centros comunitarios de compostaxe darán servizo a 4.600 veciños de Monte Porreiro
Por Alejandro Espiño |
-
Arranca en Bueu a campaña resíduo mínimo cunha charla sobre compostaxe
Por Redacción |
-
Vilaboa instalará calefacción na casa de cultura de Riomaior a través do Plan Concellos
Por Redacción |
-
O PP pide ao goberno de Carmela Silva que renda contas pola compostaxe
Por Oskar Viéitez |
-
Sae á rúa a segunda fornada de mestres composteiros
Por Oskar Viéitez |
-
Entre os funcionarios da Deputación xa hai mestres composteiros
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Bará insta á Xunta a estender o plan compost da Deputación a toda Galicia
Por Redacción |
-
A compostaxe tamén é cousa de nenos
Por Oskar Viéitez |
-
Expertos internacionais de renome imparten leccións maxistrais na Facultade de Compostaxe
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |