Campo Lameiro protexe os contedores do seu núcleo urbano das inclemencias meteorolóxicas
Por Redacción
Rematou a instalación dos novos cubre contedores de madeira no centro e no casco urbano de Campo Lameiro así como as reparacións das papeleiras. Esta actuación, executada por unha empresa de carpintería local, contou cun importe de 9.557,79 euros, xa incluído nos orzamentos do 2020.
Estes traballos consistiron na instalación de seis novos cubre contedores de recollida de lixo e a reparación de 11 das mesmas características dos existentes, realizados en madeira clase III con ferraxes e tornillería de aceiro inoxidable.
Ante o deterioro do material, o Concello decidiu realizar unha reparación en profundidade retirando os barrotes en mal estado e a substitución por uns novos similares. No caso das papeleiras, realizaron unha reparación da madeira deteriorada e rota e renovaron a tornillería.
O alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, supervisou o remate da instalación e xustificou a demora da obra pola espera dos permisos pertinentes. Aínda así, manifestou que "se executou en tempo récord" e felicita á carpinteiría local encargada de realiza-los traballos "dun xeito rápido e satisfactorio".