VÍDEO.- Gonzalo Pita deixa a Alcaldía de Sanxenxo nun pleno de reproches e protestas veciñais que acabou en brinde
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
A piques de cumprirse dous anos desde a súa chegada á Alcaldía de Sanxenxo á fronte dun cuadripartito, Gonzalo Gonzalo Pita (SAL) deixou este luns o bastón de mando tras quedar sen apoios e para deixar paso a un novo rexedor, Telmo Martín (PP), que regresa á cadeira que xa ocupou sete anos -1999 a 2006- tras dous anos liderando a oposición e agradecéndolle a súa "valentía" por irse neste momento.
Gonzalo Pita deixouno tras perder, en primeiro lugar, a un dos seus socios, Roberto Agís (Sanxenxo Pode), e a semana pasada aos outros dous -BNG e PSOE- e tras un pleno da Corporación bronco, cargado de reproches e cun son de fondo imposible de evitar: o das protestas veciñais que agardaban ás portas do consistorio ao berro de "queremos entrar" e "sinvergüenzas" dirixidos a SAL e PP.
O pleno comezou puntual, ás 20.30 horas, e terminou apenas 50 minutos despois, pero a actividade continuou nas inmediacións do consistorio ata ao redor das 22.30 horas. Os concelleiros de SAL abandonaron o edificio público entre berros de "sinvergüenza" e logo saíu Telmo Martín, que se converterá en alcalde nun pleno previsto para o vindeiro mércores ás 20.00 horas e atopouse na porta berros de rexeitamento, pero tamén abrazos, bicos e un sonoro "alcalde, alcalde" de parte dos seus fieis seguidores.
Quedaba no interior Gonzalo Pita, que, do mesmo xeito que Martín, tivo que saír custodiado pola Policía Local de Sanxenxo e ante a atenta mirada da Garda Civil ante o temor a que se producise algún altercado. Curiosamente, poucos metros máis adiante, na zona peonil, a tensión disipouse e o alcalde saínte e o seu futuro substituto coincidiron na terraza dun bar, compartiron petisco e cervexa e mesmo brindaron acompañados por algúns dos seus concelleiros. Rodeábanos veciños que os apoian neste novo pacto que converteu a PP e SAL en socios de goberno e uns poucos detractores, que rapidamente desistiron na súa intención de augarlles a festa.
Un brinde con cervexa que poñía fin a unha tarde-noite moi intensa en Sanxenxo. Ao redor de 60-65 veciños lograron entrar ao salón de plenos de Sanxenxo, algúns mesmo cunha pancarta, pero a maioría dos que o tentaron, máis de 200, quedaron fóra, e baixo a atenta vixilancia da Policía Local e a Garda Civil. Este control non lles impediu facer ruído e aporrear as portas exteriores do Concello, con tal intensidade por momentos que no interior apenas se escoitaban as voces dos intervenientes.
No salón de plenos os ánimos estaban crispados, pero non chegou a producirse ningún berro nin enfrontamento. Non faltaron as acusacións e reproches, en especial unha vez que o secretario leu o segundo punto da orde do día, a renuncia do alcalde, e Gonzalo Pita dixo o seu discurso de despedida. Tras el tomaron a palabra todos os portavoces dos outros catro partidos da Corporación e tamén Vanessa Rodriguez, edil de SAL que non apoia o novo pacto do seu partido co PP, pero seguirá coa súa acta. Chegado o momento da votación, por unanimidade aprobouse a renuncia e Pita cedeu a presidencia da sesión ao tenente de alclade, Daniel Fernández.
Durante o seu discurso de despedida, Gonzalo Pita asegurou que liderou o cuadripartito fai catro anos "con moita ilusión", pero truncouse cando a confianza que depositou nos seus socios de goberno chegoulle de regreso ao pouco tempo "en intencións irrespetuosas, irresponsables e finalmente desleais", provocando unha situación que se volveu "insostenible" e que lle levou a tomar a decisión de romper o pacto post electoral e pactar co PP.
Asegura que actuou "con autofidelidade, responsabilidade, valor e confianza". Foi unha decisión "difícil e meditada" coa que buscaba "estabilidade" no goberno e que adoptou porque "non quero para Sanxenxo nin insultos nin imposiciós nin obcecacións, sinsentidos e ideas sectarias".
Non sentaron ben as palabras de Pita aos seus ex socios de goberno. Roberto Carlos Agís reprochoulle a súa "conduta irresponsable" e que "podía marchar para a casa e quedar coa cabeza ben alta", pero apostou "por cobrar" e "polo postureo"; e a portavoz do PSdeG-PSOE, Coral González Faba, reprochoulle que "pudo pasar a la historia como el alcalde del cambio, pero lo que hizo fue entregar Sanxenxo al PP", demostrando que é unha persoa "sen lealdade, sen palabra, sen coherencia persoal".
O máis crítico co xa ex alcalde foi o portavoz do BNG, David Otero, que cualificou de "bochornoso" o pleno de renuncia, acusou a Pita de "mentir a todo ou mundo" e asegurou que "quédalle moi grande ou posto -de alcalde- e chegou á conclusión dous anos máis tarde".
Vanessa Rodriguez mostrouse decepcionada porque ela entrou en política en SAL porque "pensei que nós eramos outro tipo de políticos", pero xa tivo Telmo Martín eloxios suficientes para Pita. Agradeceulle o seu "acto de valentía", que "lle honra" e lembrou aos partidos da oposición que o PP que lidera está "perfectamente lexitimado" para gobernar Sanxenxo "porque gañou as eleccións" en 2015 cun 41% dos votos. Mentres agradecía a Pita o seu acto de xenerosidade de non pensar nel, senón no ben de Sanxenxo, recriminou a David Otero o seu "deslealdade" e "baixeza" porque antepuxo os intereses do BNG coa Deputación Provincial aos de Sanxenxo.
Relacionadas:
-
Gonzalo Pita presenta a candidatura de SAL, un partido "libre, humilde e sen ataduras"
Por Redacción |
-
SAL convoca eleccións para o 28 de xaneiro
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo Independentes, unha futura opción política para 2019?
Por Redacción |
-
VÍDEO.- 30 militantes deixan o SAL de Sanxenxo por ser un partido "morto" ao darlle a alcaldía a Telmo Martín
Por Redacción |
-
SAL convoca aos seus afiliados a unha asemblea xeral
Por Oskar Viéitez |
-
Telmo Martín reparte competencias entre os seus edís e reduce o custo do goberno
Por Redacción |
-
Unha reunión coa Policía Local, primeira xestión de Telmo Martín como alcalde
Por Redacción |
-
VIDEO.- Celebran a volta de Telmo Martín como alcalde de Sanxenxo con vítores de "vivan los novios"
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE pide que o pleno para elixir a Martín alcalde se traslade de sede para dar cabida aos veciños
Por Redacción |
-
Para En Marea o ocorrido en Sanxenxo "era un golpe de estado" participado por Feijóo e Rueda
Por Oskar Viéitez |
-
Pita cualifica de "foco radical" aos militantes do seu partido contrarios ao pacto co PP
Por Oskar Viéitez |
-
Pontón pide a Feijóo que pare o "pelotazo á democracia" coa "moción de censura encuberta" en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Telmo Martín: "Con este pacto estase a corrixir un erro que cometeu o PP no 2011"
Por Oskar Viéitez |
-
"Que ninguén se atreva", advirte Carmela Silva, a culpar á Deputación do ocorrido en Sanxenxo
Por Alejandro Espiño |
-
"O concepto de lealdade que el entende é apuñalar por detrás aos seus socios de goberno e xurar pleitesía a Telmo Martín"
Por Oskar Viéitez |
-
Pita asina un pacto de goberno co PP e entrega a alcaldía de Sanxenxo a Telmo Martín
Por Oskar Viéitez |
-
O tripartito de Sanxenxo salta polos aires e coloca a Telmo Martín preto da Alcaldía
Por Redacción |