SAL convoca aos seus afiliados a unha asemblea xeral
Por Oskar Viéitez
Sanxenxo Agrupacion liberal (SAL) procedeu a convocar asemblea xeral extraordinaria para o próximo 9 de xullo. A asemblea, que se celebrará nas Canteiras de Noalla, foi notificada a todos os afiliados.
Segundo explica nun comunicado o presidente de SAL, Jesús Joaquín Sueiro, dita asemblea foi convocada por el "a petición de máis dun terzo dos afiliados os cales solicitaron a celebración da mesma despois dos últimos acontecementos vividos en canto a unha parte minoritaria que utilizou o nome do partido para desacreditar a decisión tomada pola maioría dos concelleiros do grupo municipal de S.A.L. ".
Na devandita reunión poderanse sobre a mesa temas como a impugnación da última asemblea "convocada de forma irregular precisamente por esa parte minoritaria o día 25/05/2017 por vulnerar os dereitos dos afiliados e non ser convocada en tempo e forma de acordo cos estatutos do partido".
Ademais, tratarase de novo a "ratificación da decisión tomada pola maioría dos concelleiros de Sanxenxo Agrupación Liberal" en relación ao pacto SAL- Partido Popular, así como tamén se valorará a posibilidade de cambios da xunta directiva.
Relacionadas:
-
VIDEO.- Celebran a volta de Telmo Martín como alcalde de Sanxenxo con vítores de "vivan los novios"
Por Oskar Viéitez |
-
VÍDEO.- Gonzalo Pita deixa a Alcaldía entre reproches e protestas, pero con brinde final
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Pita cualifica de "foco radical" aos militantes do seu partido contrarios ao pacto co PP
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo e Portonovo, alagados de panfletos contra Gonzalo Pita e outros tres concelleiros
Por Redacción | Creada e actualizada