Telmo Martín: "Con este pacto estase a corrixir un erro que cometeu o PP no 2011"
Por Oskar Viéitez
O próximo alcalde de Sanxenxo, salvo outra sorpresa, Telmo Martín, outórgalle un dobre valor ao pacto subscrito polo Partido Popular cos liberais de SAL.
Así o dixo unha vez asinado o acordo con Gonzalo Pita, o portavoz de Sanxenxo Agrupación Liberal (SAL): "con este pacto estase a corrixir un erro que cometeu o PP no 2011".
Martín facía referencia á escisión xurdida nas filas populares a raiz do nomeamento de Catalina González como candidata do PP en contra dunha parte dos militantes, que logo foron o xerme da constitución de SAL no 2011.
"Nese ano o PP, baixo o meu punto de vista, tiña que ter pactado co SAL e non telo feito cunha forza que despois deu os froitos que dou", indicou Telmo Martín que sempre foi contrario ao acordo da ex alcaldesa do PP con VIPS, de José Luis Rodríguez.
"Hai unha porcentaxe moi elevada de persoas que votan o SAL porque están cabreados pois posiblemente co Partido Popular", engadiu o líder do PP sanxenxino.
Finalmente apuntou "pechamos unha etapa e ábrese unha etapa nova que espero que sexa para moitos anos".
"TERÁ QUE PASAR O QUE TEÑA QUE PASAR"
Será este pacto o principio do fin de SAL? Acabarán integrándose os liberais no PP? Gonzalo Pita deu algunhas pistas. Por unha banda asegurou que o cuatripartito foi un "escarmento" ao PP que deu por resolto.
E en segundo lugar, quizá foi un lapsus, falou en pasado da súa formación política: "SAL tivo moito que dicir e ten moito que dicir ante os veciños. SAL é unha agrupación que é moi importante para o conxunto dos veciños e dentro de dous anos pois terá que pasar o que teña que pasar, non o sei".
Relacionadas:
-
Para En Marea o ocorrido en Sanxenxo "era un golpe de estado" participado por Feijóo e Rueda
Por Oskar Viéitez |
-
VÍDEO.- Gonzalo Pita deixa a Alcaldía entre reproches e protestas, pero con brinde final
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Pita cualifica de "foco radical" aos militantes do seu partido contrarios ao pacto co PP
Por Oskar Viéitez |
-
Pontón pide a Feijóo que pare o "pelotazo á democracia" coa "moción de censura encuberta" en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo e Portonovo, alagados de panfletos contra Gonzalo Pita e outros tres concelleiros
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O PP provincial, a Carmela Silva: "É a primeira vez que unha Deputación colabora para destruír un goberno"
Por Redacción |
-
"Que ninguén se atreva", advirte Carmela Silva, a culpar á Deputación do ocorrido en Sanxenxo
Por Alejandro Espiño |
-
"O concepto de lealdade que el entende é apuñalar por detrás aos seus socios de goberno e xurar pleitesía a Telmo Martín"
Por Oskar Viéitez |
-
Pita asina un pacto de goberno co PP e entrega a alcaldía de Sanxenxo a Telmo Martín
Por Oskar Viéitez |
-
O tripartito de Sanxenxo salta polos aires e coloca a Telmo Martín preto da Alcaldía
Por Redacción |