VIDEO.- Celebran a volta de Telmo Martín como alcalde de Sanxenxo con vítores de "vivan los novios"
Por Oskar Viéitez
Nun pleno extraordinario que se celebrou nun ambiente de total tranquilidade o portavoz do Partido Popular, Telmo Martín, foi proclamado alcalde de Sanxenxo cos votos a favor do PP e de tres dos catro edís de SAL. Roberto Carlos Agís, concelleiro non adscrito, abstívose mentres que os edís do PSOE e BNG, e a concelleira de SAL Vanessa Rodríguez, votaron en contra.
Ás portas da Casa do Concello unha ducia de persoas saudaron ao alcalde e ao seu equipo de goberno lanzándolles arroz e con vítores de "vivan los novios" e "que se besen, que se besen", nun tono retranqueiro.
Entre aplausos, Telmo Martín asumiu de novo o bastón de mando deste concello pontevedrés agradecendo moi emocionado o apoio da súa filla e a súa muller a quen se achegou para bicala "polo moito que me aguanta todos os días e agora terame que soportar un pouco máis".
Xa no seu discurso tivo palabras de agradecemento ao alcalde saínte, Gonzalo Pita, "os homes valentes como ti terán o seu recoñecemento", aos seus compañeiros de partido lembroulles que el sempre lles animou dicindo que "hai que ter calma e tranquilidade, que a política é un tema de moito fondo" e hoxe están a celebrar "o que nos tería gustado facer hai dous anos e que non puido ser" xa que "houbo un pacto legal e as cousas foron como tiñan que ir".
Na súa primeira mensaxe á cidadanía de Sanxenxo Telmo Martín quixo deixar claras tres ideas "que van definir a xestión do novo goberno" e que son a "lealdade, que vai ser básica entre os socios de goberno, imos ser un equipo cohesionado" a segunda idea é a "humildade porque queremos gobernar sen impoñerlle nada a ninguén" e por último, "traballo, traballo e máis traballo".
"Estou convencido que con forza e determinación conseguirémolo", remachou.
Telmo Martín convértese no rexedor de Sanxenxo para os dous anos que restan do mandato despois de presidir este concello entre os anos 1999 e 2006, cando renunciou ao cargo para presentarse ás eleccións municipais de Pontevedra, onde tentou sen éxito arrebatar a alcaldía ao nacionalista Fernández Lores.
Ante esta nova etapa Telmo Martín admitiu que "sinto moita emoción, máis que a primeira vez porque cando un ten o percorrido que teño eu, sinto moitas máis ganas de facer cousas por toda esta xente". Na súa axenda consta unha reunión co sarxento da Policía Local ás nove e media e con todo o persoal ás dez. "Agora os meus compañeiros van traballar o dobre. Hai que facer en dous anos o que dixemos que iamos facer en catro", sinalou.
Como proba desas ganas coas que afronta esta nova etapa mañá xoves asegura que "se abre o concello ás oito haberá que estar aquí ao oito menos cuarto" para poñerse a traballar. Tamén asegurou que "estou convencido de que o grupo se vai a agrandar" integrando a máis persoas.
"Eu xa dixen no seu momento que en 2015 cando me pediron liderar a lista, tiñamos un problema no partido e fixemos un congreso, Agora somos un partido forte, unido e cohesionado", remachou.
Relacionadas:
-
Gonzalo Pita presenta a candidatura de SAL, un partido "libre, humilde e sen ataduras"
Por Redacción |
-
Sanxenxo Independentes, unha futura opción política para 2019?
Por Redacción |
-
VÍDEO.- 30 militantes deixan o SAL de Sanxenxo por ser un partido "morto" ao darlle a alcaldía a Telmo Martín
Por Redacción |
-
SAL convoca aos seus afiliados a unha asemblea xeral
Por Oskar Viéitez |
-
Telmo Martín pide ao persoal de servizos un esforzo para mellorar a imaxe de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Telmo Martín reparte competencias entre os seus edís e reduce o custo do goberno
Por Redacción |
-
Unha reunión coa Policía Local, primeira xestión de Telmo Martín como alcalde
Por Redacción |
-
O PSOE pide que o pleno para elixir a Martín alcalde se traslade de sede para dar cabida aos veciños
Por Redacción |
-
Para En Marea o ocorrido en Sanxenxo "era un golpe de estado" participado por Feijóo e Rueda
Por Oskar Viéitez |
-
VÍDEO.- Gonzalo Pita deixa a Alcaldía entre reproches e protestas, pero con brinde final
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Pita cualifica de "foco radical" aos militantes do seu partido contrarios ao pacto co PP
Por Oskar Viéitez |
-
Pontón pide a Feijóo que pare o "pelotazo á democracia" coa "moción de censura encuberta" en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |