Reclaman ao Concello de Poio melloras no colexio de Chancelas
Por Redacción
A Asociación Veciñal, Cultural e Recreativa (AVCR) de Combarro pídelle ao goberno local de Poio que atenda as propostas da dirección do colexio Chancelas que elaborou coa participación do alumnado unha proposta de deseño para mellorar a imaxe que ofrece o recinto exterior do centro.
Os estudantes realizaron unha achega de ideas elaborando unha memoria que foi trasladada á asociación veciñal e ao Concello para que se atendan as suxestións.
Entre as diferentes iniciativas exponse elaborar un xardín de plantas aromático-medicinais, unha pista de xogos tradicionais, equipamento para o parque, un rocódromo e murais. Todas elas, segundo o colectivo veciñal, non supoñerían un importante desembolso para o Concello e melloraría o aspecto da zona.
O alcalde de Poio, Luciano Sobral, acompañado por directivos da AVCR de Combarro realizaban recentemente unha visita ao centro para buscar unha solución que permita remodelar a contorna do colexio, ademais dos patios de xogo e os accesos.
Relacionadas:
-
Pérez Ares supedita aos informes técnicos o desdoble no colexio de Chancelas
Por Redacción |
-
Denuncian aglomeración de escolares no último curso de Educación Infantil no CEIP Chancelas
Por Redacción |
-
Educación inaugura a nova biblioteca do CEIP Chancelas de Poio
Por Redacción |
-
Os colexios de Poio reforzan a educación en valores
Por Oskar Viéitez |
-
Educación adxudica as obras de rehabilitación do colexio de Chancelas
Por Redacción |