Educación inaugura a nova biblioteca do CEIP Chancelas de Poio
Por Redacción
O CEIP Plurilingüe de Chancelas inauguraba este luns a nova biblioteca do centro coa proxección dun vídeo no que se mostraba a transformación deste espazo. O xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, asistía a este acto acompañado polo alcalde do Concello de Poio, Luciano Sobral.
A nova biblioteca escolar creouse a través da achega económica do plan de melloras de bibliotecas da Xunta e do propio concello.
Na provincia de Pontevedra incorporáronse 17 novos centros durante o pasado ano ao plan de melloras de bibliotecas da Consellería de Cultura e Educación. A Xunta sinala que nos últimos anos investiuse un millón de euros en colexios e institutos.
Entre as obras máis destacadas atópase a rehabilitación integral no colexio de Chancelas, que mellorou a calidade funcional do edificio e a eficiencia enerxética cun investimento de case 350.000 euros.
No caso do CEIP de Chancelas tamén recibirá financiamento para adquirir mobiliario e dotación ou renovación de equipamentos básicos, así como para gastos de funcionamento específicos.
Relacionadas:
-
Denuncian aglomeración de escolares no último curso de Educación Infantil no CEIP Chancelas
Por Redacción |
-
Reclaman ao Concello de Poio melloras no colexio de Chancelas
Por Redacción |
-
Promoven melloras en bibliotecas escolares de Ponteveda, Poio, Vilanova, Meis e O Grove
Por Redacción |
-
Educación adxudica as obras de rehabilitación do colexio de Chancelas
Por Redacción |
-
Educación investirá este ano 382.000 euros no CEIP de Chancelas
Por Redacción |