Denuncian aglomeración de escolares no último curso de Educación Infantil no CEIP Chancelas
Por Redacción
A ANPA do CEIP de Chancelas en Combarro (Poio) reclama que a Consellería de Educación dote de recursos necesarios a este centro escolar para atender en boas condicións a todo o alumnado deste centro que se atopa na actualidade no sexto curso de Educación Infantil, con escolares de cinco anos, que cursarán primeiro de Primaria a partir de setembro.
As nais e pais de estudantes deste centro solicitan con urxencia que se desdobre o grupo para o próximo curso escolar debido ao elevada cociente da unidade. En total atópanse 26 escolares, un deles diagnosticado de Transtorno de Espectro Autista (TEA) que require unha especial atención e apoio educativo, nun grupo, que segundo a ANPA, é "movido".
Os pais afectados afirman que o grupo é moi numeroso e o ruído, ademais, que xeran estes menores sería un posible desencadenamento de conflitos xa que o menor con TEA padece de hipersensibilidad auditiva.
Ante esta situación, reclaman que se cren dúas aulas de 13 escolares cada unha. Desta forma, sinalan desde a ANPA melloraría a calidade educativa e reduciríanse as posibilidades de problemas entre os menores.
Os pais sinalan que xa se teñen xuntado co inspector de zona, José Daniel Rodríguez Alleres, para trasladarlle esta petición, pero continúan sen obter unha resposta. Aseguran que, se non se resolve, estudarán a posibilidade de levar a cabo actos de protesta.
Relacionadas:
-
Pérez Ares supedita aos informes técnicos o desdoble no colexio de Chancelas
Por Redacción |
-
Máis profes para o cole de Chancelas!
Por Redacción |
-
A ANPA do CEIP Chancelas volve ás protestas para reclamar unha aula máis en Primeiro
Por Redacción |
-
Reclaman ao Concello de Poio melloras no colexio de Chancelas
Por Redacción |
-
Educación inaugura a nova biblioteca do CEIP Chancelas de Poio
Por Redacción |
-
Os colexios de Poio reforzan a educación en valores
Por Oskar Viéitez |