Sétima Feira con Cuba como eixo protagonista
Por Redacción
O mercado de abastos de Pontevedra acolleu, como cada segundo sábado de mes, a creatividade do país. Música, arte, moda e sobre todo o bo ambiente nesta nova edición da Sétima Feira que retoma a súa actividade após o parón navideño.
A temática desta primeira edición do ano foi "Cuba" e a Sétima Feira Infantil afondou no traballo da artista cubana Ana Mendieta da man de Ramón Corbato.
A xornada estivo acompañada da boa música do picadiscos Malaguita cunha sesión de vinilos de Funk & Disco e o concerto sesión vermú a cargo do trío cubano de Reynier Aldana.
Os pontevedreses El mono con sombrero ocupáronse do posto de comida cubana e da coctelería cos seus famosos mojitos, mentres que o Ruzo puxo o toque do país co seu polbo á feira.
Sétima Feira é unha iniciativa impulsada pola Área de Promoción Económica do Concello de Pontevedra que ten como finalidade dinamizar a escea creativa da cidade, favorecendo un espazo para o emprendemento creativo e apostando pola colaboración entre os novos creadores e o comercio local.
ALIMENTACIÓN SAUDABLE
Ademáis, a Asociación de Celíacos de Galicia, a Unión de Consumidores de Galicia, o Foro Interalimentario, e a Consellería de Sanidade desenvolveron un taller de cociña saudable para nenos celíacos no mercado municipal.
Para o celíaco a dieta sen glute –único tratamento- é positiva, xa que lle permite levar unha vida normal e unha alimentación saudable coma os demáis nenos.
Relacionadas:
-
Sétima Feira converte o mercado nun fervedoiro creativo
Por Redacción |
-
Sétima Feira cumpre un ano cunha edición dedicada aos bicos
Por Redacción |
-
Imaxinación e solidariedade na Sétima Feira
Por Redacción |
-
Trae estes produtos á Sétima Feira máis solidaria e serás de gran axuda
Por Redacción |
-
O mercado municipal converterase nun espazo gastronómico sostible
Por Alejandro Espiño |