Desvelada parte da programación da próxima Festa da Raia de Portonovo
Por Redacción
Preto dun cento de persoas acudiron este sábado ao 'showcooking' co que a concellería de Festas de Sanxenxo quixo presentar a próxima edición da Festa da Raia, que se celebrará en abril de 2017.
No acto reveláronse algúns detalles da programación coa que contará o evento, no que a gastronomía volverá ser protagonista no interior da lonxa de Portonovo.
Pero ademais da parte gastronómica o programa contará cun apartado deportivo coa organización dunha proba BTT, e tamén lúdica con Vespa Raiada, concentración moteira moi ben acollida no pasado.
A maiores, a fin de semana contará cunha serie de actividades de corte cultural que estarán vinculadas ao sector do mar, entre elas unha exposición de fotografías con Portonovo como temática e que contará coa colaboración de Ollares de Portonovo.
En canto ao showcooking, foi desenvolvido por unha das profesoras do Obradoiro de Hostalería do Salnés acompañada por dez alumnos, dous de cociña e oito de sala, que se encargaron da elaboración de dous pratos creativos nos que a raia foi a materia prima máis destacada.
En concreto os asistentes puideron degustar eninces de raia crocante en pan de millo e alioli de tinta de lura e unha ensalada de coca de raia con vinagreta de froitos do bosque.
Relacionadas:
-
A Festa da Raia, punto de partida da quinta Ruta Cabalar
Por Redacción |
-
"Pincho e raia", unha proposta para as fins de semana previas á festa de Portonovo
Por Redacción |
-
Sanxenxo sonda o Grupo Nove para que xestione a parte gastronómica da Festa da Raia
Por Redacción |
-
A veda obriga a aprazar de novo a Festa da Raia de Portonovo
Por Redacción |