"Pincho e raia", unha proposta para as fins de semana previas á festa de Portonovo
Por Redacción
Esta semana celebrouse unha nova reunión para avanzar no deseño da programación da Festa da Raia.
O concelleiro de Festas, Jesús Sueiro, mantivo un encontro con representantes do Portonovo SD, o Club de Piragüismo, Ollares de Portonovo, Os Gatiños, O Can de San Roque, Portonovo na Rúa, Avante, a coral polifónica Santa María de Adina e a asociación de praceiros.
Entre outras ideas propúxose unha ruta de "Pincho e raia".
A próxima semana o concelleiro de Turismo convocará aos propietarios de todos os locais de hostalería de Portonovo a unha reunión na que se profundará nesta iniciativa, e fai un chamamento aos empresarios deste sector para que acudan, xa que a intención é axuntar o maior número posible de establecementos.
"Queremos conseguir que calquera que veña a Sanxenxo poida disfrutar de un pincho ou unha tapa a base de raia. Que a raia sexa a protagonista en toda a hostelería de Portonovo e para eso temos que lograr a máxima implicación de todo o sector", explica Jesús Sueiro.
Tras conseguir o respaldo a esta proposta dos colectivos asistentes á reunión, Jesús Sueiro tratará agora de acordar cos empresarios da hostalería, asociados ou non a calquera colectivo, cuestións como un prezo único para tapas e pinchos.
Sueiro exporá aos hostaleiros o deseño dunha ruta específica para "Pincho e raia" que podería pecharse con premios para os participantes que degustasen as propostas ofrecidas por un número por determinar de establecementos, xa que a idea é expolo como un concurso.
Relacionadas:
-
Dezaseis locais de hostalería participan na primeira Ruta Pincho e Raia de Portonovo
Por Redacción |
-
Dous concertos nun autobús inglés animarán a "Ruta pincho e raia"
Por Redacción |
-
Buscan novas iniciativas para potenciar a Festa da Raia de Portonovo
Por Redacción |
-
Sanxenxo sonda o Grupo Nove para que xestione a parte gastronómica da Festa da Raia
Por Redacción |
-
Desvelada parte da programación da próxima Festa da Raia de Portonovo
Por Redacción |