Dezaseis locais de hostalería participan na primeira Ruta Pincho e Raia de Portonovo
Por Redacción
Durante todo o mes de abril, Portonovo ofrecerá petiscos elaborados a base de raia nos seus bares e restaurantes. Un total de 16 establecementos participarán na primeira edición desta iniciativa, denominada Ruta Pincho e Raia, coa que se busca dinamizar a actividade hostaleira na zona durante as fins de semana.
A creatividade na elaboración das súas propostas de degustación e a orixinalidade na súa presentación, foron denominadores comúns aos petiscos presentados esta mañá na Confraría de Pescadores de Portonovo, nun acto ao que asistiu o alcalde, os concelleiros de Festas, Medio Ambiente e Infraestruturas, así como o patrón maior da confraría.
A Bodeguilla, a Fonte da Vella, la Taberna do Varadoiro, Bar Burás, Cervecería Azor, Cova de Ons, La Portonovesa, Mar do Pintor, Mesón Fontán, Mesón miro, Pepa A Loba, restaurante Xerfa, taberna A Batea, A Curva, Maruca e Viña Pedreira son os locais que participan nesta ruta, na que se servirán as tapas a un prezo de dous euros.
Será necesario selar polo menos en oito locais o pasaporte que os establecementos participantes entregarán aos consumidores para entrar no sorteo de varios agasallos. O sorteo celebrarase o día 30 de abril na lonxa de Portonovo, coincidindo coa celebración da Festa da Raia.
Quen deguste os suculentos e atractivos petiscos que ofertan os hostaleiros de Portonovo poderán facerse con televisor de 40 polgadas, un curso de iniciación á fotografía ou un curso de iniciación de piragüismo.
O autobús inglés estacionado xa na rúa Rafael Picó converterase mañá sábado, a partir das 20 horas, no escenario desde o que unha cociñeira encargarase de elaborar varios pratos diferentes a base de raia.
Cunha cociña aberta ao público, os espectadores poderán seguir paso a paso a elaboración de cada unha das receitas, que contarán cun esmero especial á hora da súa presentación.
E nun horario xa máis nocturno, ás 22.30 horas, dará comezo o concerto de Rockin Corsario, un cuarteto formada por figuras veteranas e ben coñecidas do panorama rocanroleiro nacional.
Relacionadas:
-
Cinco pratos diferentes para unha Festa da Raia que promete prezos "anticrise"
Por Redacción |
-
Portonovo apúntase á BTT para promocionar a Festa da Raia
Por Redacción |
-
Dous concertos nun autobús inglés animarán a "Ruta pincho e raia"
Por Redacción |
-
Buscan novas iniciativas para potenciar a Festa da Raia de Portonovo
Por Redacción |
-
"Pincho e raia", unha proposta para as fins de semana previas á festa de Portonovo
Por Redacción |