Sanxenxo sonda o Grupo Nove para que xestione a parte gastronómica da Festa da Raia
Por Redacción
A Concellería de Festas manterá a próxima semana unha nova rolda de reunións coas diferentes asociacións de Portonovo para avanzar o programa da Festa da Raia, que se celebrará a última fin de semana de abril.
O edil de Festas, Jesús Sueiro, mantivo xa nas últimas semanas algún encontro coa asociación O Can de San Roque, con quen está avanzando na xestión da parte gastronómica. Un dos aspectos nos que se está traballando é que sexa o Grupo Nove quen se encargue da organización de diferentes actividades que contribúan á promoción da raia, como unha especie característica da gastronomía portonovesa.
Jesús Sueiro recolle así una das principais propostas de O Can de San Roque, que considera importante para relanzar a Festa da Raia que sexa un cociñeiro Estrela Michelín quen se encargue tanto da elaboración dos pratos para degustar como da organización de showcooking que permitan dar a coñecer diferentes propostas gastronómicas coa raia como base.
E é que un dos principais obxectivos que persegue a presente edición da festa é poñer en valor a raia como parte do patrimonio gastronómico de Portonovo.
Para conseguilo Jesús Sueiro mantivo tamén diferentes encontros coa Confraría de Portonovo, para garantir que todo o produto que se consuma durante a última fin de semana de abril sexa capturado e comercializado pola frota local.
Paralelamente ao traballo en curso en materia gastronómica, desde a Concellería de Festas avanzan nunha programación paralela que complemente a degustación con actividades culturais e didácticas.
Será precisamente neste aspecto no que Jesús Sueiro pedirá a colaboración de diferentes asociacións de Portonovo, xa que a intención é poñer en valor tanto a cultura marítima vinculada a este porto como o folclore tradicional tan arraigado na vila mariñeira.
Relacionadas:
-
Dous concertos nun autobús inglés animarán a "Ruta pincho e raia"
Por Redacción |
-
Buscan novas iniciativas para potenciar a Festa da Raia de Portonovo
Por Redacción |
-
"Pincho e raia", unha proposta para as fins de semana previas á festa de Portonovo
Por Redacción |
-
Desvelada parte da programación da próxima Festa da Raia de Portonovo
Por Redacción |
-
Telmo Martín afirma que é un "clamor popular" que o goberno local de Sanxenxo "está sen rumbo"
Por Oskar Viéitez |
-
A veda obriga a aprazar de novo a Festa da Raia de Portonovo
Por Redacción |