A partir do 1 de decembro será necesario pedir cita previa para renovar o DNI en Marín
Por Redacción
O día 1 de decembro as persoas que acudan ás dependencias da Comisaría da Policía Nacional de Marín, situada na rúa Lameira, para renovar ou para solicitar o seu DNI ou o pasaporte terán que pedir cita previa, a diferenza do que sucedía ata agora.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono número 060 ou da páxina web www.citapreviadnie.es
Nos últimos meses, estas oficinas estaban rexistrando colas dende as primeiras horas por parte de veciños, non só de Marín senón doutras localidades próximas, para renovar o DNI sen necesidade de ter que solicitar unha cita previa.
A Policía Nacional alerta aos cidadáns que se pode renovar o DNI ata 90 días antes da súa caducidade, para evitar despois apresuramentos e desgustos de última hora.
Relacionadas:
-
En Pontevedra xa se pode renovar DNI seis meses antes de que caduque
Por Redacción |
-
Pontevedra sufriu un recorte de 24 efectivos do persoal encargado da expedición do DNI
Por Redacción |
-
Marín encarou o camiño do descenso da delincuencia
Por Redacción |
-
O SUP denuncia "escaseza de persoal" na Comisaría de Marín e advirte dun "posible peche"
Por Redacción |
-
A oficina do DNI de Marín rexistra colas dende as catro da mañá
Por Redacción |
-
O DNI estrea oficinas: "Son más cómodas y céntricas"
Por Natalia Puga |