Marín encarou o camiño do descenso da delincuencia
Por Redacción
Marín seguiu a tendencia do resto da provincia de Pontevedra e no último ano descendeu o índice de delincuencia. Así o deu a coñecer este xoves a Subdelegación do Goberno en Pontevedra tras a reunión da Xunta Local de Seguridade desta localidade.
A subdelegada do Goberno, Ana Ortiz, e a alcaldesa de Marín, María Ramallo, presidiron este mércores a reunión, á que asistiron representantes municipais e das policías Nacional, Local e autonómica.
A reunión abordou a evolución do Plan de Resposta Policial ao consumo e tráfico medio de drogas en zonas de lecer e púxose sobre a mesa o ultimo logro deste dipositivo, que nos últimos días permitiu en Marín a detención de dúas persoas que se deidcaban ao trapicheo de estupefacientes.
A subdelegada do Goberno destacou como unha "boa noticia para Marín" a posta en marcha da cita previa para a expedición e renovación do DNI na comisaría da localidade, pois "así se evitarán as colas para a súa renovación" e agradeceu tanto o esforzo da Policía Nacional como colaboración e coordinación coa Policía Local.
Relacionadas:
-
A Policía Local de Marín está a asumir servizos da Nacional "en condicións precarias"
Por Oskar Viéitez |
-
A partir do 1 de decembro será necesario pedir cita previa para renovar o DNI en Marín
Por Redacción |
-
En Marín o número de delitos descendeu un 1,42% no ano 2013 respecto ao ano anterior
Por Redacción |