A oficina do DNI de Marín rexistra colas dende as catro da mañá
Por Redacción
O BNG de Marín solicitou que aumente o número de traballadores na oficina da expedición do documento de identidade, ou sexan substituidos os que se atopen de baixa.
Os nacionalistas levaron a Pleno o pasado mércores 13 unha moción por vía urxente sobre a situación da oficina do DNI na comisaría de Marín.
O grupo municipal do BNG recolleu as queixas dos cidadáns que para facer algunha xestión teñen que contar con facer cola dende as sete da mañá e esperar para conseguir número, unha situación que agravouse neste mes xa que as colas comezan ás catro da mañá.
Isto é debido a que dos catro funcionarios encargados de levar estas xestións a un cambiáronno de posto, outra está de baixa maternal e outra vai coller vacacións. Ademais dos recortes de persoal súmase que o estar en período estival aumentan o número de persoas que renovan ou precisan expedir pasaporte ou DNI.