Pontevedra sufriu un recorte de 24 efectivos do persoal encargado da expedición do DNI
Por Redacción
Unha resposta do Goberno a preguntas parlamentarias realizadas polo deputado socialista por Pontevedra Guillermo Meijón confirma que o número de efectivos destinados nas Unidades de Documentación de Españois (UDE) e de Españois e Estranxeiros (UDEYE), incluídos os equipos móbiles, pasou en Galicia de 169 a 113. Isto é, 56 efectivos menos desde o ano 2011 ao ano 2016.
A resposta do Goberno contempla que a redución máis importante en número afectou á provincia de Pontevedra, onde o cadro de persoal pasou de 62 a 38 membros. "Unha perda pois de 24 postos de traballo", lamenta Meijón.
"Así, non é de estrañar as longas colas que se producen nas oficinas destinadas á renovación do DNI e que, nos últimos anos, acumulan tardanzas nas citas, eliminación de quendas e colas nas rúas", resaltou o deputado socialista.
Meijón avanza que o grupo parlamentario socialista presentará novas iniciativas co fin de conseguir do goberno a reversión destes axustes "para ofrecer á cidadanía un servizo eficaz, eficiente e de calidade".
Relacionadas:
-
A Comisaría aconsella pedir cita con antelación para renovar o DNI
Por Redacción |
-
En Pontevedra xa se pode renovar DNI seis meses antes de que caduque
Por Redacción |
-
As novas oficinas do DNI, unha factoría de 26.126 documentos
Por Natalia Puga |
-
A partir do 1 de decembro será necesario pedir cita previa para renovar o DNI en Marín
Por Redacción |