Sanxenxo presenta un orzamento de 22 millóns de euros
Por Redacción
O alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, presentou este mércores, xunto ao concelleiro de Facenda, David Otero e a concelleira de Medio Ambiente, Coral González-Haba, o orzamento para 2016 que o goberno local levará á sesión plenaria do vindeiro luns, 30 de maio.
Logo de varios meses de traballo, o goberno tripartito presenta o seu primeiro orzamento dende unha sucesión de anos de prórrogas, xa que as condicións económicas impedían a elaboración dun novo.
O orzamento para 2016 ascende a 22.761.734 euros e, segundo o goberno local "está orientado a corrixir e a endereitar unha situación económica negativa, na que este Concello leva sumido varias anualidades".
Unha vez descontados os gastos da entidade local e das empresas públicas, o documento presentado este mércores ofrece un superávit de 1.457.000 euros, dos que unha parte vai destinada a correxir o remanente de tesourería e 1.034.000 van destinados a investimentos.
A estes cartos hai que sumar o máis de un millón de euros que o Plan Concellos que permitirá ao goberno local destinar estes cartos a obras e contratación de persoal.
"Cremos na previsión e na prudencia, a mesma que nos permitiu corrixir o remanente de tesorería, rebaixando en 2,6 millóns de euros a deuda no último ano e cumplir a estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financieira, imprescindible para que hoxe poidamos estar aquí presentando este orzamento", insistiu o alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita.
O concelleiro de Economía e Facenda transmitiu un certo optimismo porque este orzamento é a ferramenta que "nos vai a permitir artellar a liña de cambio que moitos cidadáns están esperando deste goberno".
Relacionadas:
-
A xunta de goberno local de Sanxenxo aproba o orzamento municipal
Por Oskar Viéitez |
-
O tripartito asegura que o rexeitamento ao orzamento municipal non afectará os veciños
Por Redacción |
-
O PP séntese desprezado polo tripartito na tramitación do orzamento
Por Oskar Viéitez |
-
O goberno local de Sanxenxo pon en dúbida a credibilidade política de Telmo Martín
Por Redacción |
-
O PP pide ao tripartito de Sanxenxo a substitución do concelleiro de Facenda
Por Oskar Viéitez |
-
O cuadripartito de Sanxenxo avanza na elaboración do orzamento municipal
Por Redacción |
-
O PP asegura que o goberno local de Sanxenxo é "vago e ineficaz" por non aprobar o orzamento
Por Oskar Viéitez |