Xa van rematando as ludotecas do verán
Por Redacción
Máis de 200 nenos participaron na excursión ás bateas da ludoteca-campamento das Escolas Deportivas do concello de Poio, na que visitaron unha batea e degustaron mexillóns e refrescos.
Son as "tracas finais" destas actividades que van rematando nos distintos concellos.
En Sanxenxo, a "Ludoteca na Rúa" chega á súa recta final ao despedir este venres a actividade na parroquia de Nantes e comezar o luns a última semana desta proposta lúdica en Sanxenxo.
Os nenos inscritos en Nantes puideron participar na entrega de premios do festival Safari Visión, co que se clausurou unha semana de xogos e diversión para todos eles, así como actividades e talleres relacionados co mundo dos safarís.
Pola súa banda a Ludoteca Municipal de Ponte Caldelas celebrou unha festa exipcia dentro do amplo programa de actividades que vén desenvolvendo este verán e que culminaron na xornada deste venres cunha celebración de despedida da tempada estival.
Relacionadas:
-
Conciliar será máis doado este verán en Sanxenxo grazas ás asociacións de pais
Por Redacción |
-
Clase de cociña para nenos con Pepe Solla
Por Redacción |
-
Sanxenxo ultima unha ampla programación cultural e deportiva para os meses de verán
Por Redacción |
-
A ludoteca de Ponte Caldelas ampliará o horario para conciliar a vida laboral e familiar
Por Redacción |