Clase de cociña para nenos con Pepe Solla
Por Redacción
O gran chef Pepe Solla fixo este martes unha visita á ludoteca-campamento das Escolas Deportivas do concello de Poio.
Os rapaces estaban entusiasmados, xa que o viran no programa Master Chef Junior.
Pepe Solla elaborou distintos pratos e postres e os rapaces aprenderon a facer uns bombóns.
Ademáis de aprender a cociñar con él, Pepe Solla respostou todas as súas preguntas, e logo tivo unha sesión de sinatura de autógrafos.
Marga Caldas, a concelleira de deportes, estivo presente para facerlle un agasallo para agradecerlle a súa visita.