Conciliar será máis doado este verán en Sanxenxo grazas ás asociacións de pais
Por Redacción
Tres iniciativas promovidas polas asociacións de nais e pais de alumnos (Anpas) de O Cruceiro, Magaláns e O Telleiro completarán este verán a oferta dispoñible para as familias de Sanxenxo para a conciliación laboral e familiar durante as vacacións escolares.
As iniciativas de O Cruceiro e Magaláns están destinadas para os escolares destes centros e a de O Telleiro, en Noalla, permite a participación de nenos non matriculados neste colexio. Ademais, esta última ofrece un plan Madruga e un plan de tarde, con tarifas que varían en función do horario, segundo informou o Concello a través dun comunicado.
A ludoteca de Magalláns, en Dorrón, ten un obxectivo lúdico-deportivo, e expón varias actividades que van desde diferentes disciplinas deportivas ata xogos e desenvolverase nun horario de 9.00 a 14.00 horas. Os prezos estipulados varían tamén desde os 70 euros por mes, a 35 euros por quincena e 18 por unha semana. As tarifas redúcense en casos dun segundo irmán, familia numerosa ou en paro.
No caso do colexio Cruceiro, en Vilalonga, a ludoteca está dirixida a nenos de 3 a 12 anos, a actividade prolongarase durante os meses de xullo e agosto, de luns a venres, e cun horario de 8.00 a 14.00 horas. O custo da actividade será de 60 euros para os socios e 70 euros para os non socios, cun desconto de 10 euros a partir do segundo fillo para ambos os dous.
Estas tres propostas, súmanse ás ofertadas polo Concello, entre as que están o programa Paifillonai, as Ludotecas na Rúa, unha actividade itinerante que irá percorrendo as parroquias e a de Deportes o Campus Polideportivo de Baltar, que estará organizado por Saraiba do Mar.
Relacionadas:
-
O colexio de Dorrón sumarase ao Plan Madruga o próximo curso
Por Redacción |
-
Xa van rematando as ludotecas do verán
Por Redacción |
-
Os pequenos acaparan a axenda municipal sanxenxina
Por Redacción |
-
O verán traerá conciliación a Sanxenxo co programa 'Paifillonai'
Por Redacción |
-
Sanxenxo inicia o verán cunha programación lúdico e festiva destinada a todos os públicos
Por Redacción |