O persoal de Treves inicia unha folga indefinida o mércores 24 ante a falta de acordo salarial
Por Anxo Lourido
O comité de empresa de Trèves decidiu convocar unha folga indefinida a partir do mércores 24 de setembro ás 6.00 horas na nave do Polígono do Campiño con motivo da ruptura das negociacións do convenio colectivo debido ás diferenzas que existen entre a dirección e os representantes dos traballadores.
As dúas partes mantéñense á espera da medación laboral do Consello Galego de Relacións Laborais (AGA) para intentar evitar a posta en marcha da folga.
Actualmente, o equipo de persoal está constituído por 149 traballadores que se encontran afectados por un expediente de regulación de emprego (ERE) por 40 días dos que levan asumidas 15 xornadas. Os representantes sindicais do comité de empresa, que conta con maioría da CIG, reclaman á dirección máis carga de traballo. Sinalan que realizan traballos para PSA e para o modelo C4 Picasso pero afirman que na nave do Polígono do Campiño só se elaboran os asentos traseiros, moquetas do chan e insonorizantes. Outras pezas derívanse a plantas de Portugal e Girona. David Couñago, presidente do comité reclama que eses produtos se elaboren en Pontevedra porque tamén se reducirían os custos de distribución e axudarían a evitar o ERE.
O principal punto de diferenza na negociación encóntrase no apartado salarial porque mentres os traballadores intentan equipararse á media do sector de automoción, que se encontra entorno aos 25.000 euros brutos anuais. Actualmente no equipo de Trèves, segundo David Couñago, non se superan os 20.000 euros de salario.
Os traballadores están convocados a unha asemblea este sábado ás 11.00 horas no Pazo da Cultura.
Relacionadas:
-
Tensa asemblea para aprobar o preacordo que remata coa folga en Treves
Por Redacción |
-
Acordo en Treves para finalizar a folga despois de negociar durante toda a noite
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Folga en Treves, un piquete por quendas a pé de fábrica
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
Comeza a folga indefinida en Treves ao non prosperar a mediación
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |