Comeza a folga indefinida en Treves ao non prosperar a mediación
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Os 149 traballadores da factoría de Trèves no Polígono do Campiño iniciaron ás 6.00 horas deste mércores 24 de setembro unha folga indefinida ao non chegar a un acordo na negociación do convenio colectivo.
O comité de empresa e a dirección reuníanse a partir das 17.00 horas deste martes cunha mediadora do Consello Galego de Relacións Laborais (AGA) no edificio da Xunta de Galicia enPontevedra para intentar chegar a un acordo de última hora que impedira o inicio da folga. Non obstante, as conversacións non prosperaron despois de case cinco horas de reunión, segundo informaba o presidente do comité de empresa, David Couñago, que xa mostraba as súas dúbidas sobre o éxito do encontro ao comprobar que non se desprazaran dende Girona os principais representantes da empresa, ao contrario do que sucedera en conflitos anteriores.
As diferenzas entre as partes céntranse na suba salarial que reclaman os representantes sindicais que reclaman unha sabida para o equipo que se aproxime aos 25.000 euros anuais de nómina, como está establecido no sector da automoción. Outro dos puntos de desacordo sitúase en relación á carga de traballo. O comité de empresa sinala que, a pesar de aceptar a posta en marcha dun expediente suspensivo de 40 días e de ter reducido o cadro de persoal en máis de 100 traballadores, a dirección non cumpriu coa súa promesa de incrementar a carga de traballo que garanta o futuro do persoal actual.
Ás 17.00 horas desta tarde retomaranse as negociacións entre empresa e representantes laborais na sede da Inspección de Traballo en Vigo. Os representantes sindicais afirman que as posturas se atopan aínda moi alonxadas e sospeitan que o conflito vai manterse durante varias xornadas xa que a empresa conta con tres días de stock produtivo.
Sorprendentemente e sen xustificación, a Xunta impedía que os fotógrafos dos distintos medios de comunicación puidesen realizar o seu traballo este mércores ao prohibir o acceso da prensa ao edificio para obter imaxes do encontro a pesar do consentimento expreso por parte da dirección, do comité de empresa e da representante do AGA.
Relacionadas:
-
O distanciamento entre a dirección e os traballadores de Treves estende a folga ata a próxima semana
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Folga en Treves, un piquete por quendas a pé de fábrica
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
O persoal de Treves inicia unha folga indefinida o mércores 24 ante a falta de acordo salarial
Por Anxo Lourido |
-
O plantel de Treves acepta un ERE suspensivo de 40 días
Por Diego Espiño |