O plantel de Treves acepta un ERE suspensivo de 40 días
Por Diego Espiño
Treves aplicará finalmente un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) suspensivo de 40 días para todo o seu plantel, 150 empregados, durante o presente ano.
Os traballadores da fábrica do Campiño, reunidos na mañá deste sábado en asemblea, decidiron aceptar a proposta empresarial, que recolle ademais un complemento do 80% do salario durante os primeiros 35 días do ERE e un 76,5% nos cinco restantes, cun 95% nas pagas e un 100% nas vacacións.
A cambio Treves comprométese a non realizar despedimentos en 2014, avisar con polo menos catro días de antelación nas xornadas que teña que parar cada empregado e a que non exista unha diferenza maior a seis días de aplicación entre cada un dos afectados.
A pesar de que a negociación entre empresa e representación laboral se pechou sen acordo, o persoal votou por maioría aceptar o ERE para "gardar enerxías para o convenio que estamos a negociar", segundo explicou o presidente do comité de empresa David Couñago.
Así, asegura Couñago, "gardamos as balas" que supoñería formular un calendario de protestas ata coñecer o resultado desta negociación, que ten como prazo máximo o próximo 1 de xuño.
Relacionadas:
-
Comeza a folga indefinida en Treves ao non prosperar a mediación
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A CIG denuncia que a dirección de Treves intenta reducir a súa presenza no comité
Por Redacción |
-
A CIG denuncia que Treves sanciona tres dos seus delegados con intención de influír nas eleccións sindicais
Por Redacción |
-
O persoal de Treves decidirá o sábado 15 se acepta o ERE proposto pola dirección
Por Redacción |
-
O comité de empresa de Treves acode á Inspección de Traballo para que medie na negociación do ERE
Por Redacción |