Rafa gañou, pero nada cambiou: Lores, alcalde por sétima vez
Por Alejandro Espiño
Maio. Esa foi a data na que se celebraron as eleccións municipais. En Pontevedra, por primeira vez en doce anos, o PP volveu ser a lista máis votada. Con Rafa Domínguez á fronte, no seu segundo asalto pola Alcaldía, foron a opción maioritaria para os pontevedreses.
Os populares lograron once edís, dous máis que o BNG, que quedou con nove, o seu rexistro máis baixo desde 2007. Pero a pesar disto, nada cambiou. Os cinco edís do PSdeG-PSOE, a pesar de non entrar no goberno, deron o seu respaldo a Miguel Anxo Fernández Lores.
A pesar de varios simulacros de negociación, os ex socios non chegaron a entenderse e os nacionalistas optaron por gobernar en solitario. Desde ese momento, os desencontros foron notables: Raíña Vitoria, o regreso da feira de Rafael Areses e, como non, o orzamento.
2024 comezará sen as contas aprobadas. Ante a falta de apoios, Fernández Lores vinculou os orzamentos a unha cuestión de confianza. Sen dúbida, unha mostra de que este mandato non será demasiado tranquilo no ámbito municipal.
Estas eleccións, en liñas xerais, apenas modificou o panorama político da área de Pontevedra. Case todos os alcaldes e alcaldesas lograron a confianza dos seus cidadáns para seguir catro anos máis, aínda que algúns obrigados a coaligarse para alcanzar a maioría.
María Ramallo en Marín, Telmo Martín en Sanxenxo, Andrés Díaz en Ponte Caldelas, Félix Juncal en Bueu, Jorge Cubela en Cerdedo-Cotobade, Manuel Campos en Cuntis, Alberto Varela en VIlagarcía, César Poza en Vilaboa ou Xosé Manuel Fernández Abraldes en Barro mantiveron as súas respectivas alcaldías.
Os dous grandes cambios producíronse en Poio e Soutomaior. Tras a renuncia de Nito Sobral a seguir como alcalde, o popular Ángel Moldes aproveitou a súa oportunidade e logrou a maioría absoluta. E no segundo, ocorreu o contrario, o nacionalista Manu Lourenzo desbancou ao PP.
Pero non foi en maio a única vez que acudimos ás urnas neste 2023. Dous meses despois houbo eleccións xerais, que na provincia lanzaron un empate entre PP e PSOE, que lograron tres deputados cada un. Para Sumar foi o sétimo. No Senado, a vitoria popular foi inapelable.
Foi un ano para familiarizarse con novos responsables políticos. Tamén na Xunta, onde o ex alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, foi nomeado delegado territorial en Pontevedra; ou na Subdelegación, que tras a xubilación de Maica Larriba agora dirixe o vigués Abel Losada.
E nos últimos días de 2023 soubemos a data da próxima cita electoral. As eleccións galegas que Alfonso Rueda convocou para o 18 de febreiro de 2024. Pero esa é unha historia que aínda está sen escribir. Terá o seu oco no resumo do próximo ano.
Relacionadas:
-
Xa é oficial, Abel Losada é o novo subdelegado do Goberno en Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
"C'est fini. Au revoir". Maica Larriba pecha a súa etapa na Subdelegación e dá paso en funcións a María Isabel Alonso
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
23X | Pontevedra decidiu: o PP gaña en votos pero empata co PSOE en escanos
Por Alejandro Espiño |
-
"Dende agora aquí me tedes, o mesmo Agustín de sempre a vosa absoluta disposición"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Jorge Cubela alza o bastón de mando por cuarta vez, cheo de "ilusión", "compromiso" e "responsabilidade"
Por Redacción |
-
A abstención do PSOE facilita a Abraldes reeditar a Alcaldía de Barro
Por Redacción |
-
Andrés Diaz encara o seu terceiro mandato en Ponte Caldelas convencido de que "o mellor sempre está por chegar"
Por Natalia Puga |
-
María Ramallo, investida por cuarta vez alcaldesa: "Marín espera moito de nós"
Por Diego Espiño |
-
Telmo Martín, a polo seu quinto mandato como alcalde de Sanxenxo
Por Almu Dapena |
-
Ángel Moldes é investido alcalde de Poio e entrégalle o bastón de mando Luciano Sobral
Por Oskar Viéitez |
-
César Poza asume a maioría socialista na alcaldía de Vilaboa "con orgullo"
Por Anxo Lourido |
-
Un emocionado Félix Juncal promete un mandato de estabilidade e centrado nas persoas
Por Anxo Lourido |
-
Manuel Campos inicia, en minoría, o seu terceiro mandato como alcalde de Cuntis
Por Diego Espiño |
-
Alberto Varela toma posesión como alcalde de Vilagarcía cos votos do BNG
Por Redacción |
-
Lores levanta o bastón de mando por sétima vez "coa man tendida" a todos os partidos para abrir "unha nova etapa"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |