A abstención do PSOE facilita a Abraldes reeditar a Alcaldía de Barro
Por Redacción
Xosé Manuel Fernández Abraldes xa é alcalde de Barro outra vez. O nacionalista elevou este sábado o bastón de mando por terceira vez tras saír elixido alcalde grazas á abstención do PSOE.
Abraldes foi o candidato máis votado nas eleccións municipais e o acordo entre o resto de forzas da Corporación era imposible, de modo que a investidura xa a tiña asegurada. Este sábado, materializouse.
O Pleno celebrouse a partir das 12.00 horas sen sobresaltos e, tras tomar posesión da súa acta todos os concelleiros, votouse e Abraldes foi o máis votado cos votos do seu partido, 5 dos 11 da Corporación.
Nas últimas municipais, Abraldes perdeu a maioría absoluta coa que gobernara o últimos catro anos e barallouse a posible existencia dun bipartito co PSOE, como o que xa asinaron entre 2015 e 2019.
Aínda que ese acordo aínda non se negociou nin asinou, os tres concelleiros do PSOE optaron por absterse e deixarlle gobernar en solitario, cumprindo co acordo marco a nivel autonómico entre socialistas e nacionalistas.
O PSOE de José Sanmartín logrou nestas eleccións 3 concelleiros mentres que Xuntos por Barro, do exalcalde José Antonio Landín Eirín, logrou 2 concelleiros e o PP de Eduardo Ruadas obtivo un. Estes tres partidos podrian xuntarse para gobernar e desbancar a Abraldes e a proposta chegou a poñela sobre a mesa Xuntos, pero o PSOE rexeitouna.
Relacionadas:
-
Rafa gañou, pero nada cambiou: Lores, alcalde por sétima vez
Por Alejandro Espiño |
-
Así queda conformado o goberno local de Barro
Por Redacción |
-
O PP de Barro lamenta que o bipartito "esquilme as arcas municipais" cun aumento dos gastos en salarios
Por Redacción |
-
Xuntos por Barro ofrécese a negociar para facer alcalde ao candidato do PSOE
Por Oskar Viéitez |
-
Fernández Abraldes, sen medo ao bipartito co PSOE: "Xa estivemos catro anos e funcionou correctamente"
Por Natalia Puga |
-
28M | Abraldes (BNG) repetirá na Alcaldía pero terá que pactar e o ex alcalde Landín regresa con dous concelleiros
Por María José Pita |