O Pontevedra mantén prezos de 'derbi' para o partido ante o Racing de Ferrol
Por Redacción
A gran importancia que tomou o próximo partido do Pontevedra, o domingo 18 de febreiro (17:00 horas) ante o Racing de Ferrol no Estadio Municipal de Pasarón, na loita pola permanencia na categoría non provocou cambios significativos no prezo das entradas para o duelo de rivalidade.
Os billetes mantéñense desta forma con respecto ao resto de encontros da presente tempada ante equipos galegos ou ante rivais da zona alta e filiais.
Así as entradas para o público adulto terán un prezo de 25 euros na bancada de Tribuna, 20 euros na de Preferencia e de 15 euros nos fondos. Ademais o público menor de idade volverá pasar por despacho de billetes (non o fixo no último encontro de liga) a razón de 5 euros en idade xuvenil e de 3 euros en idade infantil.
En todo caso os afeccionados menores de 19 anos poderán retirar de maneira gratuíta unha invitación para calquera das bancadas, sempre que o fagan antes do venres. Para iso deberán acudir en horario de oficina ás instalacións de Pasarón (de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas).
Pola súa banda os abonados do Pontevedra poderán beneficiarse doutra promoción, tamén ata o venres, retirando unha invitación para a bancada de Preferencia.
Ambas as dúas promocións non serán válidas o mesmo día do partido, segundo confirmou o club granate.
Relacionadas:
-
Goleada reparadora para o Pontevedra ante un deprimido Racing de Ferrol (3-0)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Tensión entre seguidores do Racing de Ferrol e do Pontevedra na Praza da Verdura
Por Diego Torrado & Redacción |
-
"Ahora cada punto es vital", avisa Luismi ante o duelo entre Pontevedra e Racing de Ferrol
Por Diego Espiño |
-
Novos inquilinos para a enfermería do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra e Racing de Ferrol, dúas traxectorias paralelas para chegar a un derbi con aires de final
Por Diego Espiño |
-
Xogar a nada e caer por un erro nun mal partido do Pontevedra (1-0)
Por Redacción |
-
Partido frío como a noite entre Pontevedra e Escobedo (0-0) en Copa Federación
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |