O cisneísta Daniel Ramos, convocado pola Selección Española Junior
Por Redacción
O equipo técnico da Real Federación Española de Balonmán non perde de vista a progresión de Daniel Ramos, xogador do Club Cisne que tras un paso polo Barcelona marcado por unha lesión de costas, tenta recuperar en Pontevedra a súa mellor versión competindo na División de Honra Prata.
Tanto é así que o pivote lalinense foi citado polo seleccionador nacional junior, Isidoro Martínez, para participar no Torneo IV Nacións que terá lugar na localidade belga de Lieja.
Ramos viaxará co combinado español ao torneo, previsto para os días 27, 28 e 29 de decembro, para enfrontarse ás seleccións de Bélxica, Lituania e Polonia.
"Temos en mente o Campionato de Europa de Eslovenia 2018 e, está claro, o Campionato do Mundo de España 2019", explicou o seleccionador tras facer pública a convocatoria.
A lista complétana: Adrián Díaz (Real Grupo de Cultura Covadonga), Guillem Herms (Fútbol Club Barcelona Lassa), David Estepa (Fútbol Club Barcelona Lassa), Eduardo Cadarso (Ciudad de Logroño), Esteban López (Cajasur Córdoba), Miguel Martínez (Recoletas Atlético Valladolid), Álvaro Cabello (Ciudad de Málaga), Antonio Serradilla (Esolapios Montequinto), Miguel Núñez (Secin Group Alcobendas), Martí Villoria (Secin Group Alcobendas), Roger Manzano (Fútbol Club Barcelona Lassa), Gonzalo Feijoó (Ikasa Madrid), Pau Oliveras (Fútbol Club Barcelona Lassa), Iván Montoya (Agustinos Alicante) e Pau Martínez (Handbol Adrianenc)
Relacionadas:
-
Carlos Pombo rescata ao Cisne nun final de infarto ante Grupo Covadonga (30-29)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
A defensa, clave dun Cisne serio que gaña a domicilio o BM Madrid (21-25)
Por Redacción |
-
Confirma o seu bo momento o Cisne cunha traballada vitoria ante o Villa de Aranda (28-26)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Partidazo do Cisne e punto de mérito na pista do líder Alcobendas (23-23)
Por Redacción |