O Galaico fai un balance "más que positivo" do Open de natación e xa pensa en atraer novos campionatos de nivel
Por Diego Espiño
Pontevedra foi durante catro días o centro da natación nacional co Campionato de España Open de Primavera, o "evento estrella de la natación española", e o balance "no puede ser más que positivo", valora o presidente do Club Natación Galaico, José Miguel Cano.
Pola piscina olímpica de Pontemuiños pasaron as grandes figuras deste deporte a nivel nacional como a campioa olímpica Mireia Belmonte ou a catalá Jéssica Vall, entre outros, pero tamén promesas como a local Águeda Cons, que con só 16 anos subiu ao podio no 400 libre e logrou unha mínima para o Europeo junior, nos 1.500 libre.
"Para los niños y los nadadores del club ha sido un aliciente haber podido ver de cerca a sus ídolos", explica Cano.
José Miguel Cano: "El club supongo que sí lo intentará organizar una tercera vez en el futuro"
Foi a segunda vez que Pontevedra acolleu o Open de Primavera, un auténtico "orgullo", pero haberá unha terceira ocasión? Para o presidente do Galaico "el club supongo que sí lo intentará organizar una tercera vez en el futuro" ,aínda que sexa sen el xa que recoñece que ao concluír o seu mandato de cinco anos o próximo mes de setembro espera substitución á fronte da entidade deportiva.
En todo caso agora o Galaico céntrase en novos obxectivos, sempre coa idea de poder organizar grandes eventos de relevancia nacional. Con todo "yo creo que para la ciudad de Pontevedra, pensando más ya en el turismo o afluencia de gente, ahora mismo es mucho más importante traer un campeonato de España infantil o alevín", sinalou.
BALANCE DEPORTIVO
Tamén Diego Pérez, director técnico do Club Natación Galaico, cre para os nadadores locais a competición "en general ha ido muy bien".
Oito deportistas representaron as cores do club pontevedrés na competición, sendo a máis destacada Águeda Cons coa súa medalla de bronce na última xornada. "Águeda fue de menos a más, pero en los 400 libre estuvo excepcional", valora.
Menos sorte tivo Bea Gómez Cortés, pero "hay que valorarlo de manera positiva también porque sin tener entrenamientos hizo una muy buena marca por la mañana en los 200 estilos y tenemos que quedarnos con eso", explica en relación aos problemas fisicos que lle impediron adestrar con normalidade nos últimos tempos.
"Los demás casi todos los que nadaron mejor marca, así que muy bien", gabia Diego Pérez sobre o papel de Marc Ciurana, Daniel Sánchez, Clara Otero, Paula Goyanes, Cristian Fernández e Lara Gómez, o que deixou gran sabor de boca no club a pesar de que "al nadar en casa estaban más presionados al estar toda la gente aquí", recoñeceu o director técnico do club pontevedrés.
Relacionadas:
-
Eleccións no Club Natación Galaico tras a dimisión da súa xunta directiva
Por Diego Espiño |
-
O Campionato de España de Natación Absoluto deixou 234.348 euros na Boa Vila
Por Redacción |
-
Brillante papel do Galaico en Xixón rozando o ascenso a División de Honra
Por Redacción |
-
O Natación Galaico, co "equipo a tope" para a Copa de España de Clubs
Por Diego Espiño |
-
O Galaico revalida o título de campión da Liga Galega de División de Honra
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Galaico, favorito a pesar das baixas na final da División de Honra Galega de natación
Por Redacción |
-
Paula Goyanes e Águeda Cons, de concentración co Equipo Nacional
Por Redacción |
-
"Objetivo más que cumplido" para Mireia Belmonte, satisfeita dos seus resultados en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Un bronce nos 400 libre de Águeda Cons pon o broche ao vibrante Nacional Open de Pontemuiños
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Mínima europea junior para Águeda Cons nun novo festival de Mireia Belmonte
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Pontemuíños, centro de atención da natación española por segundo día
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Mireia Belmonte, estrela absoluta da emocionante primeira xornada do Nacional Open de natación
Por Diego Espiño |