Mireia Belmonte, estrela absoluta da emocionante primeira xornada do Nacional Open de natación
Por Diego Espiño
Deporte en estado puro. Cheo absoluto nas bancadas e emoción na piscina foi o que se viviu no animado arranque de competición do Campionato de España Absoluto Open de Primavera no Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuíños.
Unha nadadora centrou todos os focos e miradas e converteuse en gran protagonista da primeira das catro xornadas de campionato. Esa deportista foi a campioa olímpica Mireia Belmonte, que asinou dúas medallas de ouro na 200 bolboreta e nos 800 estilos con senllas mínimas mundialistas, obxectivo principal xa que en Pontevedra deben referendar as marcas esixidas para participar no verán no Campionato do Mundo de Budapest.
En Pontemuíños viviuse tamén con emoción a final dos 100 braza feminino, no que Jessica Vall bateu o record de España (1.06.44) para lograr tamén billete para o Mundial.
Foi o máis destacado dunha primeira xornada na que o mellor resultado para o Club Natación Galaico foi o oitavo posto (sétima na súa serie) de Águeda Cons no 800 libre (8:49.22), aínda que a pontevedresa acusou o esforzo das últimas semanas e quedou lonxe da marca que acreditaba.
Na mesma proba Paula Goyanes concluíu décimo sétima (9:03.85) e Lara Gómez Cortés décimo novena (9:09.74). Completou a participación do Galaico Cristian Fernández nos 1.500 metros, acabando no posto 34 (16:37.26).
A competición no Open de Primavera de natación continuará este domingo cunha xornada que arrancará ás 9:30 horas con eliminatorias e continuará ás 17:00 horas cunha nova sesión de finais.
Consulta aquí todos os resultados do Campionato de España Absoluto Open de Primavera de Natación.
Relacionadas:
-
O Galaico fai un balance "más que positivo" do Open de natación e xa pensa en atraer novos campionatos de nivel
Por Diego Espiño |
-
"Objetivo más que cumplido" para Mireia Belmonte, satisfeita dos seus resultados en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Un bronce nos 400 libre de Águeda Cons pon o broche ao vibrante Nacional Open de Pontemuiños
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Mínima europea junior para Águeda Cons nun novo festival de Mireia Belmonte
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Pontemuíños, centro de atención da natación española por segundo día
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Todo listo en Pontemuiños para acoller o "evento estrella de la natación española"
Por Diego Espiño |
-
Águeda Cons pecha o Campionato de España Junior coa súa segunda mínima mundialista
Por Diego Espiño |
-
Ouro, mínima europea e mundialista para Águeda Cons no Nacional Junior
Por Redacción |