Pontevedra B e Marcón empatan nun final de partido tolo (2-2)
Por Redacción
Empate insuficiente para Pontevedra B e Marcón Atlético nun partido que se decidiu nun final frenético (2-2).
Adiantouse ata dúas veces no marcador o Marcón, que necesitaba un triunfo para conservar o liderado na Primeira Rexional, pero o filial granate, loitando pola salvación na categoría, non se rendeu en ningún momento chegando a empatar.
O primeiro tanto foi madrugador, aos 12 minutos, cando Sapi adiantou aos visitantes.
Os de Luís Oliveira controlaban o partido mentres os minutos pasaban á espera dunha contra que sentenciase. Así se chegou ao último cuarto de hora de tolemia.
Primeiro foi Jesús o que, de penalti, poñía o empate, pero no 88 de novo Sapi facía o que parecía definitivo 1-2. Non foi así. o Pontevedra B non se rendeu e na última xornada do partido Fabeiro atopou premio para rescatar un punto.
Co empate o Marcón cae á cuarta praza con 54 puntos, pero a só un do liderado, mentres o filial granate é décimo cuarto con 32 puntos.