Agridoce estrea do Froiz na Copa de España
Por Redacción
O bo traballo realizado polo Froiz no LI Circuíto do Guadiana non deu os froitos esperados, regresando o equipo pontevedrés cunha sensación agridoce na súa estrea na Copa de España Elite e Sub-23.
Ángel de Julián, décimo quinto en liña de meta a 28 segundos do gañador, foi o mellor dos corredores do equipo pontevedrés na carreira disputada este domingo e que inauguraba o calendario desta competición.
A carreira, dipustada na localidade estremeña de Don Benito, caracterizouse pola rapidez cun media superior ao 43 km/h nun percorrido de 171 quilómetros na súa maioría chairos. Con todo foi a última ascensión ao alto de Magacela a que decidiu o triunfo.
Un grupo de catro ciclistas marchou na cabeza, mantendo entre 20 e 30 segundos de vantaxe sobre o pelotón nos últimos quilómetros e ata a liña de meta, na que gañou o madrileño Gonzalo Serrano (Caja Rural).
A 28 segundos chegou o pelotón, con todos os cilistas do Froiz menos David González, que se retirou por molestias no xeonllo, e unha das mellores opcións do equipo en chegadas masivas, o portugués Leonel Coutinho, que caeu no último quilómetro sen consecuencias graves. Consulta aquí as clasificacións completas do LI Circuíto do Guadiana.
A Copa de España Elite e Sub-23 vivirá a súa segunda parada o vindeiro domingo 5 de marzo no País Vasco coa Aitzondo Klasika.
Relacionadas:
-
O Froiz recobra moral na Copa de España cun segundo posto de Martín Lestido no Trofeo Guerrita
Por Redacción |
-
O Froiz insiste coa Copa de España no Trofeo Guerrita
Por Redacción |
-
Frustrante fin de semana de competición para o Froiz
Por Redacción |
-
Segunda oportunidade na Copa de España para o Froiz
Por Redacción |
-
O pontevedrés Guillermo García asina un podio no Circuíto do Guadiana Junior
Por Redacción |
-
Primeiro exame na Copa de España Elite e Sub-23 para o Froiz
Por Redacción |
-
Dobre vitoria en Almagro para o Froiz para empezar con bo pé a tempada
Por Redacción |
-
Froiz, 29 anos dando guerra no pelotón
Por Redacción |
-
A Copa de España e as voltas a Galicia e Coruña, obxectivos dun ambicioso Súper Froiz
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |