O Poio Pescamar vence na Rioxa (1-3) e pecha a súa mellor primeira volta
Por Redacción
Cumpriu os prognósticos o Poio Pescamar na pista do pechacancelas da Primeira DIvisión feminina, o FSF Rioja (1-3), pero tivo que empregarse a fondo o equipo adestrado por Marcio Santos.
As vermellas non decidiron o choque ata os últimos minutos, con dous goles de Ceci e Jessy (minutos 36 e 37). Antes o cadro rioxano puxo máis problemas dos previstos.
O Poio comezou o encontro dominando e na busca dun tanto temperán que fixese esquecer a última derrota na casa. Así, foi Suki a que abría o marcador aos 9 minutos, pero aos poucos as locais foron gañando terreo ata conseguir a igualada aos 15 minutos á saída dunha falta.
Tras o descanso o FSF Rioxa pechouse en defensa fiando todo a unha contra, mentres as pontevedresas buscaban desnivelar o marcador sen acerto, ata que Ceci aproveitou un barullo e poñer o 1-2. Uns segundos despois, tras o saque de centro, Jessy aproveitou un roubo para plantarse ante a meta rival e encarrilar o choque.
As rioxanas apostaron a dous minutos do final polo xogo de cinco, pero o Poio Pescamar defendeuse con acerto para conseguir tres puntos e bater unha nova marca, xa que grazas a este triunfo pechan a súa mellor primeira volta de competición na máxima categoría, ao colocarse na sexta posición con 24 puntos.
FSF RIOJA (1): Sandra; Gloria, Carmen, Patri, Cristina -cinco inicial- María Carro, Ainhoa, Naia.
POIO PESCAMAR (3): Silvia; Ceci, Jessy, Jenny, Ro -cinco inicial- Ale de Paz, Suki, Patri Corral.
Árbitros: Óscar Crespo e Iván Hernández. Sen amoestacións.
Goles: 0-1 Suki (min.9), 1-1 María Carro (min.15), 1-2 Ceci (min.36), 1-3 Jessy (min.37).
Incidencias: Partido disputado no Palacio dos Deportes de Logroño ante máis de 250 espectadores.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar golea ao Txantrea (5-2) e mantense en postos copeiros
Por Redacción |
-
A segunda volta empeza para o Poio Pescamar recibindo ao Txantrea navarro
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar cítase co Ourense Envialia na final da Copa Xunta
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar xoga o pase á final da Copa Xunta
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar viaxa á Rioxa para pechar unha sobresaliente primeira volta
Por Redacción |
-
Inesperada derrota do Poio Pescamar na Seca ante o Rubí (1-4)
Por Redacción |