O Poio Pescamar cítase co Ourense Envialia na final da Copa Xunta
Por Redacción
Obxectivo cumprido. O Poio Pescamar estará na final da Copa Xunta, tras vencer este mércores con claridade ao Cidade das Burgas na Seca (4-0), un equipo que na liga de Primeira División é un dos seus rivais directos.
As vermellas mostráronse máis intensas desde o inicio e moi sólidas en defensa, aínda que houbo que esperar para ver a primeira ocasión e máis ata o primeiro gol, obra de Jenny mediado o primeiro tempo.
O cadro visitante tentou reaccionar, pero o que chegou antes do descanso foi o segundo tanto de Jenny.
Tras o paso por vestiarios o Cidade das Burgas foi a pola remontada, pero as locais auguantaron a presión e conseguiron sentenciar no tramo final con dous contragolpes culminados por Patri Corral, sen que lles afectase o xogo de cinco das ourensás nos últimos minutos de partido.
Coa vitoria na semifinal o Poio Pescamar cumpre un dos obxectivos que se marcou ao comezo de tempada, pelexar polo título autonómico. O seu rival na final será o Ourense Envialia, que goleou na outra semifinal ao Burela.
Relacionadas:
-
Ourense Envialia e Poio Pescamar manteñen a igualdade (1-1) e cítanse para a final copeira
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar golea ao Txantrea (5-2) e mantense en postos copeiros
Por Redacción |
-
A segunda volta empeza para o Poio Pescamar recibindo ao Txantrea navarro
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar xoga o pase á final da Copa Xunta
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar vence na Rioxa (1-3) e pecha a súa mellor primeira volta
Por Redacción |