Inesperada derrota do Poio Pescamar na Seca ante o Rubí (1-4)
Por Redacción
O Poio Pescamar desaproveitou unha boa ocasión para asentarse entre os oito primeiros clasificados da Primeira División ao caer derrotado cando menos o esperaba.
As vermellas, moi desacertadas, víronse sorprendidas na Seca polo Rubí (1-4), equipo que só gañara un encontro ata a data.
A pesar de gozar de ocasións, as pontevedresas estreláronse unha e outra vez coa meta visitante, Nerea. O Poio era o levaba o dominio do xogo, pero o Rubí foi o que se adiantou no marcador, facendo boa o seu defensa, aos 10 minutos de xogo grazas a unha rápida contra.
Tentaron reaccionar as locais en busca da igualada, pero antes do descanso atopáronse co 0-2 nunha xogada persoal de Gloria.
Na continuación o equipo vermello veu arriba co rápido gol de Suki, que facía o 1-2 nada máis comezar, pero non era o día do Poio e Jessy en propia meta, no minuto 27, volvía poñer moi difícil o encontro.
A falta de catro minutos Marcio Santos apostou polo xogo de cinco, pero o que chegaría sería o cuarto tanto do Rubí, de Nerea desde a súa propia meta, que sentenciou o choque.
POIO PESCAMAR (1): Silvia, Jenny, Charo, Jessy, Ale de Paz -cinco inicial- Patri Corral, Carol, Jessy Lores, Suki, Ceci.
RUBÍ FSF (4): Nerea, Mariona, Arancha, Alba, Gloria -cinco inicial- Sandra.
Árbitros: Raquel Manteiga y Emilio González. Sen amoestacións.
Goles: 0-1 Alba (min.10), 0-2 Gloria (min.18), 1-2 Suki (min.21), 1-3 Jessy en p.p. (min.27), 1-4 Nerea (min.39).
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal da Seca ante uns 350 espectadores.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar xoga o pase á final da Copa Xunta
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar vence na Rioxa (1-3) e pecha a súa mellor primeira volta
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar viaxa á Rioxa para pechar unha sobresaliente primeira volta
Por Redacción |
-
Sufrida vitoria do Poio Pescamar (1-2) en Murcia fronte a UCAM El Pozo
Por Redacción |