Conceden a Pontevedra a organización o Campionato de España Open Absoluto de Primavera de natación
Por Diego Espiño
Pontevedra acollerá en 2017 o evento máis importante do ano na natación española, o Campionato de España Absoluto Open de Primavera.
Así o confirmou a Real Federación Española de Natación, que elixiu como sede a piscina olímpica do Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuiños.
José Miguel Cano: "Van a venir los mejores nadadores del mundo. Para nosotros es un privilegio"
"Van a venir los mejores nadadores del mundo. Para nosotros es un privilegio", recoñece orgulloso o presidente do Club Natación Galaico, José Miguel Cano, entidade que exercerá de organizador da competición.
No Open de Primavera, que se celebrará do 8 ao 11 de abril, acudirán os mellores nadadores nacionais ao ser o evento no que deben lograr as marcas mínimas para o Campionato do Mundo de Budapest, polo que será unha gran ocasión para ver de preto as evolucións da campioa olímpica Mireia Belmonte ou de figuras nacionais como Marc Sánchez, Duane da Rocha ou Melanie Costa, entre outras, sen esquecer ás locais Bea Gómez Cortés e Águeda Cons ou á olímpica ribeirense María Vilas.
Será a segunda vez na que Pontevedra acollerá esta prestixiosa competición, tras o éxito organizativo que supuxo a edición a edición de 2013.
Relacionadas:
-
Todo listo en Pontemuiños para acoller o "evento estrella de la natación española"
Por Diego Espiño |
-
Águeda Cons pecha o Campionato de España Junior coa súa segunda mínima mundialista
Por Diego Espiño |
-
Águeda Cons, ao asalto das mínimas para o Campionato do Mundo Junior
Por Diego Espiño |
-
Reforzo moral para Bea Gómez cunha medalla de prata en Marsella
Por Redacción |
-
Bea Gómez, co equipo nacional en Marsella
Por Redacción |
-
Póvoa de Varzim e Castelló, escenario de bos resultados para o Galaico
Por Redacción |
-
Terceiro posto para o Galaico no Galego Master de Natación disputado en Pontemuiños
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A natación non é cousa de idade en Pontemuiños
Por Redacción |
-
O Galaico, sen rival no Campionato Galego de Inverno
Por Redacción |
-
Segunda medalla para Águeda Cons no Nacional de Piscina Curta cunha prata nos 800 libre
Por Diego Espiño |
-
Bea Gómez, subcampioa de España de 400 estilos na segunda xornada do Nacional de Inverno
Por Diego Espiño |
-
Águeda Cons deslumbra en Sabadell con su primer oro en el Nacional de piscina corta
Por Diego Espiño | Creada e actualizada