Bea Gómez, subcampioa de España de 400 estilos na segunda xornada do Nacional de Inverno
Por Diego Espiño
Segunda xornada no Campionato de España de Natación en Piscina Curta de Sabadell e segunda medalla para o Club Natación Galaico.
Se o venres a protagonista foi Águeda Cons cun ouro no 1.500 libre, este sábado foi a quenda para Bea Gómez Cortés, ao lograr a prata nos 400 estilos.
A nadadora pontevedresa superou unha vez máis as dificultados provocadas polos problemas de saúde que arrastra para acabar segunda cun tempo de 4:40.18, nunha dura pelexa con África Zamorano (4:40.88), terceira. O primeiro posto foi para Catalina Corró (4:35.36).
Na mesma proba, os 400 estilos, Paula Goyanes concluíu no posto 11 cunha marca de 4:52.76.
O botín puido ser maior para o Galaico, xa que Águeda Cons rozou a súa segunda medalla do campionato ao ser quinta nos 400 libre (4:10.30) a menos dun segundo da segunda e terceira posición. Bea Gómez foi novena nesta proba (4:13.26), Paula Goyanes acabou na posición 18 (4:17.08) e Lara Gómez na 24 (4:20.14).
Ademais Lara Gómez tamén foi vixésimo segunda nos 200 bolboreta (2:21.62), Clara Otero finalizou no posto 41 nos 50 libre (27.45) e 34 nos 200 costas (2:23.18) e Daniel Sánchez no 44 na mesma proba, os 200 costas (2:10.14).
Relacionadas:
-
Chamamento do Galaico ao Concello para evitar a marcha de Bea Gómez Cortés de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Conceden a Pontevedra a organización o Campionato de España Open Absoluto de Primavera de natación
Por Diego Espiño |
-
O Galaico, sen rival no Campionato Galego de Inverno
Por Redacción |
-
Rías do Sur vibra coa primeira xornada do Campionato Galego de Natación en piscina curta
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
A elite da natación despide o ano en Pontemuiños
Por Diego Espiño |
-
Segunda medalla para Águeda Cons no Nacional de Piscina Curta cunha prata nos 800 libre
Por Diego Espiño |
-
Águeda Cons deslumbra en Sabadell con su primer oro en el Nacional de piscina corta
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Bea Gómez e Águeda Cons encabezan o equipo do Galaico no Campionato de España de Inverno
Por Redacción |