VÍDEO.- Lourdes Domínguez anuncia cunha emotiva rolda de prensa a súa retirada do tenis profesional
Por Diego Espiño & Mónica Patxot
Rodeada de amigos, familiares, autoridades e representantes do mundo do tenis. Así se despediu Lourdes Domínguez do tenis profesional, nunha emotiva rolda de prensa á altura da súa figura deportiva, a da mellor tenista galega da historia.
A pontevedresa, aos seus 35 anos, anunciou a súa retirada da competición profesional con case 1.000 partidos ás súas costas e preto de 20 anos de carreira que lle levaron a estar no número 40 do ránking mundial e a levantar dous torneos WTA e outros 17 de categoría ITF.
Nunha das súas casas, o Club de Tenis de Pontevedra, ao que chegou tras dar os seus primeiros pasos no Liceo Casino, Lourdes quixo acordarse de todas as persoas que a acompañaron nesta aventura, con especial mención aos seus pais, de quen dixo "siempre seréis mis ídolos".
Foi unha decisión moi meditada, que xa lle roldaba a cabeza "en las últimas tres temporadas", pero que este ano tomou forma xa no verán.
"No hay un motivo concreto ya que el tenis me sigue apasionando", sinalou, pero nun mundo moi competitivo e con "las nuevas generaciones pisando fuerte" entendeu que este era o mellor momento para dar o paso, nunha tempada na que saíu do Top-100 mundial.
Lourdes Domínguez: "Me gustaría devolverle al deporte y al tenis todo lo que me ha dado".
"Echaré de menos dar la vuelta al mundo con mis raquetas al hombro, los nervios de la competición o acalambrarme en Copa Federación por los nervios de representar a España", recoñeceu emocionada e "orgullosa" de todo o conseguido.
Agora toca "descansar, estar en casa con la familia y amigos, porque ha sido mucho tiempo, muchos años fuera", sinalou, pero Lourdes Domínguez ten claro que no futuro "me veo en una pista de tenis", xa que "me gustaría devolverle al deporte y al tenis todo lo que me ha dado".
Quizais sexa traballando para que o tenis galego avance e gañe peso no territorio nacional, algo que "me gustaría", aínda que "todas las posibilidades están abiertas", recoñeceu antes de recibir unha merecida ovación e pechar cun vídeo dos seus mellores momentos nalgúns dos templos da raqueta, nos que foi "increíble poder jugar".
Un soño complido, o de vivir todos estes anos da súa paixón, pero que só é un punto e seguido. Aínda queda Lourdes Domínguez para longo.
Relacionadas:
-
Lourdes Domínguez está de volta no circuíto profesional... como adestradora
Por Redacción |
-
A medalla de bronce ao Mérito Deportivo, o "colofón perfecto" á carreira de Lourdes Domínguez
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Lourdes Domínguez, medalla de bronce ao Mérito Deportivo
Por Alejandro Espiño |
-
Lourdes Domínguez recibe o agarimo de todo o tenis galego
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O tenis galego prepara unha homenaxe a Lourdes Domínguez no Pazo da Cultura
Por Diego Espiño |
-
A despedida da mellor tenista galega da historia
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- Os mellores momentos na carreira de Lourdes Domínguez, a mellor tenista galega da historia
Por Redacción |
-
Lourdes Domínguez colga a raqueta tras vinte anos na elite do tenis profesional
Por Redacción |
-
Lourdes Domínguez decidirá o seu futuro no tenis a final de tempada
Por Ramiro Espiño & Mónica Patxot |