Unha sobria segunda parte permite ao Teucro gañar con comodidade a Gijón Jovellanos (24-33)
Por Redacción
A pesar de que parecía un desprazamento fácil para vencer con relativa comodidade, tivo que loitar o seu o Teucro para conseguir a vitoria na súa visita ao Palacio de Deportes de Gijón. O Gijón Jovellanos, necesitado de puntos para aliviar a súa delicada posición na táboa, puxo en aprietos aos de Quique Domínguez na primeira parte, pero cedeu na segunda, incapaz de manter o ritmo goleador dun Teucro que subiu o seu nivel defensivo para asegurarse un triunfo claro.
O conxunto azul non realizou unha boa primeira parte. A súa falta de intensidade defensiva permitiu aos asturianos levar a iniciativa no marcador durante boa parte dos primeiros 30 minutos. Os locais chegaron a dispoñer dunha máxima vantaxe de tres goles (15-12) a falta de seis minutos para o descanso, pero reaccionaría cun parcial de 1-4 e gol de Dani Hernández, que lle permitía irse ao vestiario co marcador igualado (16-16) e a evidencia que non fora un bo partido no aspecto defensivo.
Pero a segunda parte tivo outro signo. De novo Dani Hernández poñía por diante ao Teucro despois de moitos minutos, e aínda que Jovellanos lograría empatar, Carlos García con tres goles consecutivos empezou a marcar diferenzas.
Os locais aínda tentaron aguantar ata o minuto 40 (20-21), pero o Teucro axustou a defensa e a diferenza xa non deixou de crecer ata o final, especialmente aproveitando perfectamente as opcións de xogo en superioridade numérica, nas que os azuis inclinaron definitivamente a balanza ao seu favor ata terminar vencendo por un claro e xusto 24-33.
Consulta aquí o acta do partido.
Relacionadas:
-
Cidade Real, primeira parada na difícil recta final de ano do Teucro
Por Diego Espiño |
-
O Teucro resolve na primeira parte e sestea na segunda fronte a Cajasur Córdoba (37-30)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Teucro non se fía dun Cajasur Córdoba que tratará de sorprender no Municipal
Por Alejandro Espiño |
-
Edu Moledo regresa á convocatoria do Teucro para partido de liga en Xixón
Por Diego Espiño |
-
O Teucro recupera efectivos
Por Diego Espiño |
-
Memorable derbi e triunfo agónico do Teucro sobre o Cisne (32-31)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Teucro-Cisne, máis de 30 anos esperando por este partido
Por Diego Espiño |