O Teucro non se fía dun Cajasur Córdoba que tratará de sorprender no Municipal
Por Alejandro Espiño
A pesar de ser un recén ascendido, o Cajasur Córdoba non lle poñerá as cousas fáciles á SD Teucro. Así o asegurou o adestrador do equipo, Quique Domínguez. Os andaluces tratarán de asaltar este sábado, a partir das 18.30 horas, un Pavillón Municipal que se mostrou inexpugnable ata agora e que pretende seguir séndoo.
O Teucro estívose preparando toda a semana para enfrontarse a un equipo que, segundo Domínguez, "viene con mucha fuerza" tras unha clara vitoria ante o Bordils e que está a realizar "un trabajo muy interesante" na competición.
"Me espero un equipo que va a venir con poco que perder, que buscará hacer un buen papel y llevarse algo positivo de Pontevedra", explicou o adestrador teucrista, que destacou o potencial ofensivo que ten o conxunto cordobés con Julián Portero e a calidade que achegan, entre outros, xogadores como o pivote Ruano ou o lateral Miguel Dublino.
Quique Domínguez non desvelou a formulación coa que afrontará o partido porque "lo iremos viendo en función del partido".
Iso si, confianzas as xustas. "La racha que llevamos es buena", recoñece o míster pontevedrés. Tras seis vitorias consecutivas o equipo está "reforzado" e iso dá aos teucristas "más seguridad", a partir da cal "seguir corrigiendo" cuestións a mellorar na traxectoria do equipo.
Será, ademais, un partido moi especial para Samu Gómez, pivote do Teucro. Fichou polo equipo pontevedrés hai un ano procedente precisamente do conxunto cordobés. Nel seguen "mis compañeros y mi entrenador de toda la vida", polo que para el este partido "me hace mucha ilusión", porque ata hai moi pouco "había jugado con ellos siempre".
"Va a ser un partido bonito", recoñeceu. "Saldré con muchas más ganas en que cualquier otro día", dixo un xogador para o que Quique Domínguez non tivo máis que eloxios porque, tras un primeiro ano no que custou adaptarse, "está cogiendo confianza y está mucho más integrado con el grupo", sendo unha das principais referencias ofensivas do Teucro.
Relacionadas:
-
Sufrido e transcendental triunfo do Teucro en Ciudad Real (27-28)
Por Redacción |
-
O Teucro resolve na primeira parte e sestea na segunda fronte a Cajasur Córdoba (37-30)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Unha sobria segunda parte permite ao Teucro gañar con comodidade a Gijón Jovellanos (24-33)
Por Redacción |