O Teucro recupera efectivos
Por Diego Espiño
O parón dunha semana na División de Honra Prata de balonmán veulle ben á Sociedad Deportiva Teucro para recuperar a un plantel castigado polas lesións.
Os azuis céntranse xa no regreso á competición, que se producirá este sábado (20:00 horas) na pista do Gijón Jovellanos nun partido no que Quique Domínguez espera poder contar, tras mes e medio, con Edu Moledo.
O extremo atópase na fase final de recuperación da lesión que sufriu nun dedo en Carabanchel, polo que esta semana "ha empezado a meterse en el grupo y la mano está respondiendo", recoñece o técnico pontevedrés.
Tamén son boas as noticias no caso de Saúl Campo. Aínda que a súa presenza está descartada en Asturias, o lateral foi examinado este luns polo médico descartándose que sufra unha lesión grave no ombreiro. Por ese motivo deu "un paso más" na súa recuperación subindo o nivel nos adestramentos. En todo caso "no tenemos un plazo marcado para su vuelta", lembra Domínguez.
O descanso, unido a unhas sesións de adestramento máis suaves do habitual serviu ademais para que xogadores como Pichel, Borja Méndez ou Juan Quintas deixasen atrás os problemas musculares que arrastraban nas últimas xornadas.
Noticias positivas para os azuis, que esperan manter o bo momento de forma que lles levou a sumar cinco vitorias consecutivas que lles consolidaron na cuarta posición da táboa.
Relacionadas:
-
Unha sobria segunda parte permite ao Teucro gañar con comodidade a Gijón Jovellanos (24-33)
Por Redacción |
-
Edu Moledo regresa á convocatoria do Teucro para partido de liga en Xixón
Por Diego Espiño |
-
Memorable derbi e triunfo agónico do Teucro sobre o Cisne (32-31)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Boa imaxe do Teucro, superado na segunda parte polo Sinfín (28-33)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |