O rugby galego, paralizado de novo pola falta de seguro médico
Por Diego Espiño
Non é a primeira vez que acontece pero esta vez o fixo antes se queira de empezar a tenmporada e comprometendo a actividade de todos os clubs.
A Federación Galega de Rugby anunciou a suspensión de "todas as competicións rexionais" despois de non encontrar "ningunha aseguradora que queira ofertar unha póliza a prezo razoable", segundo explicou nun comunicado, o que implica que "os centos de xogadores galegos de todas as categorías non poderán gozar do seu deporte por non ter un seguro de accidentes deportivos", engade o ente federativo.
Félix Álvarez: "los jugadores están entrenando bajo su responsabilidad"
Esta situación dáse cos equipos iniciando as súas respectivas pretempadas. É o caso de Mareantes e Pontevedra Rugby Club, pois o segundo se encontra adestrando "bajo la responsabilidad de cada jugador, con su seguro particular", recoñece o seu presidente Félix Álvarez.
Todo este asunto afecta directamente aos xogadores maiores de 16 anos, pois ata entón estaría en vigor a cobertura do Programa Xogade da Xunta de Galicia. Se se confirma a continuidade deste programa as escolas deportivas arrancarían con normalidade.
Non pasaría así cos equipos sub-16 e sub-18, ademais de cos sénior, sendo aquí os máis prexudicados Vigo Rugby e CRAT Coruña, posto que se non hai solución os seus equipos de ligas nacionais, División de Honra B e División de Honra Feminina respectivamente, non poderían empezar a liga.
"Hay un problema serio con el seguro porque también se suspendió en Asturias", explica Álvarez, "y otras comunidades tienen problemas", co quebranto que isto supón ademais a nivel organizativo.
Con esta situación a incerteza é máxima nos clubs pontevedreses, que moven unha cantidade importante de fichas nas diferentes categorías.
Relacionadas:
-
Mareantes e Pontevedra Rugby Club afinan a súa preparación ante o inminente comezo de liga
Por Redacción |
-
A nova mutua, unha dor de cabeza para o rugby pontevedrés
Por Diego Espiño |
-
O Mareantes busca novos membros para a súa familia
Por Redacción |
-
O Pontevedra Rugby Club sae á rúa na busca de novos talentos
Por Redacción |
-
O Pontevedra Rugby Club inicia unha nova tempada
Por Redacción |
-
Suspendida a actividade nos equipos galegos de rugby ante a 'espantada' da compañía aseguradora
Por Diego Espiño |