O Pontevedra Rugby Club sae á rúa na busca de novos talentos
Por Redacción
A Praza de España converteuse este sábado nun campo improvisado de adestramento da man do Pontevedra Rugby Club.
O obxectivo do club pontevedrés era aportar unha xornada de diversión aos máis pequenos e ofrecerlles de paso o seu primeiro contacto co deporte do balón oval.
Acompañados por xogadores e adestradores do club organizáronse diversos exercicios destinados a nenos desde os cinco anos de idade, que poden ingresar se así o queren nas súas escolas deportivas.
Nos seus niveis de formación, ata os 14 anos, o rugby practícase de xeito non competitivo.
As actividades na Praza de España prolongáronse durante case dúas horas.
Relacionadas:
-
Pontevedra Rugby Club e Mareantes inician a liga con derrota
Por Redacción |
-
Mareantes e Pontevedra Rugby Club afinan a súa preparación ante o inminente comezo de liga
Por Redacción |
-
A nova mutua, unha dor de cabeza para o rugby pontevedrés
Por Diego Espiño |
-
O rugby galego, paralizado de novo pola falta de seguro médico
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra Rugby Club inicia unha nova tempada
Por Redacción |