Mareantes e Pontevedra Rugby Club afinan a súa preparación ante o inminente comezo de liga
Por Redacción
Superado a problemática co seguro médico, que ameazou con paralizar todas as competicións sub-18 e senior en Galicia, o rugby pontevedrés prepárase para iniciar a liga.
O inicio da Primeira División Galega viuse atrasado por esta circunstancia, pero Pontevedra Rugby Club e Mareantes xa coñecen data e lugar para a súa estrea oficial da tempada.
A primeira xornada de liga disputarase o vindeiro sábado 7 de novembro, con debut na casa para o Mareantes ante un dos equipos que parece chamado a loitar polo título, o Campus Ourense, mentres o PRC estrearase no campo do CR Ferrol.
Segundo o sorteo celebrado pola Federación Galega ao Mareantes tocaralle descansar nas xornadas 3 e 10 (21 de novembro e 6 de febrebro) e ao Pontevedra Rugby nas 4 e 11 (28 de novembro e 20 de febreiro).
O derbi pontevedrés xogarase ademais na última xornada de cada volta, os días 16 de xaneiro e 19 de marzo, primeiro co PRC como local.
Tras finalizar a competición regular os play-off polo título e a permanencia xogaranse os días 2 e 9 de abril. Consulta aquí o calendario completo.
ÚLTIMOS COMPROMISOS AMIGABLES
Antes da estrea oficial, ambos os clubs participaron a pasada fin de semana nun triangular organizado polo Campus Ourense.
O equipo local proclamouse vencedor do torneo ao gañar os seus dous encontros, ao Mareantes por 37-0 e ao PRC por 31-0, mentres o duelo pontevedrés caeu ao lado do PRC por un tenteo de 25-10.
Relacionadas:
-
Primeiro triunfo en liga do Pontevedra Rugby Club e nova derrota do Mareantes
Por Redacción |
-
Pontevedra Rugby Club e Mareantes inician a liga con derrota
Por Redacción |
-
A nova mutua, unha dor de cabeza para o rugby pontevedrés
Por Diego Espiño |
-
O Mareantes busca novos membros para a súa familia
Por Redacción |
-
O Pontevedra Rugby Club sae á rúa na busca de novos talentos
Por Redacción |
-
O rugby galego, paralizado de novo pola falta de seguro médico
Por Diego Espiño |