O Mareantes busca novos membros para a súa familia
Por Redacción
A problemática pola falta de seguro médico da Federación Galega, que mantén en suspense a todo o rugby da comunidade, non detén ao Mareantes, que traballa para comezar con normalidade a nova tempada deportiva.
O equipo pontevedrés busca na rúa novos membros para a súa familia esperando que se solucione o problema coa mutua, que afecta os xogadores maiores de 16 anos pero non ás escolas deportivas, cubertas polo seguro do Plan Xogade da Xunta.
Por elo, coa intención de ampliar o seu números de xogadores, o club instalou durante dúas xornadas unha mesa informativa na Praza da Peregrina.
Con ela, buscaban dar a coñecer o deporte do balón oval e tentar animar aos pontevedreses a probar o rugby.