Primeiro triunfo en liga do Pontevedra Rugby Club e nova derrota do Mareantes
Por Redacción
Primeiro partido en casa da liga para o Pontevedra Rugby Club e primeiro triunfo, para esquecer o tropezo da primeira xornada ante un dos favoritos ao título.
O club pontevedrés impúxose en Monte Porreiro ao CR Lalín (28-22), nun partido entretido e igualado.
O conxunto visitante comezou mandando no marcador grazas a dous ensaios, pero o PRC mantívose firme cando o marcador era desfavorable (11-22 xa iniciada a segunda metade) para remontar no tramo final, grazas sobre todo a dous ensaios consecutivos nos minutos 59 e 62.
Pola súa banda o Mareantes segue sen coñecer a vitoria despois de dúas xornadas, ao perder na casa dos Ingleses de Vilagarcía por un apertado 16-10.
Polo menos inauguráronos a súa marcadora ao conseguir un punto por bonus defensivo.
Na clasificación o PRC é quinto con catro puntos e o Mareantes, que descansa a próxima xornada, pecha a táboa sétimo cun punto.
Relacionadas:
-
O Mareantes supera a un dos aspirantes ao título para lograr o seu primeiro triunfo da tempada
Por Redacción |
-
Importante triunfo do Pontevedra Rugby Club en Lugo
Por Redacción |
-
Pontevedra Rugby Club e Mareantes inician a liga con derrota
Por Redacción |
-
Mareantes e Pontevedra Rugby Club afinan a súa preparación ante o inminente comezo de liga
Por Redacción |