Suspendida a actividade nos equipos galegos de rugby ante a 'espantada' da compañía aseguradora
Por Diego Espiño
A Federación Galega de Rugby comunicou oficialmente aos equipos que suspende ata novo aviso todas as competicións oficiais despois de que a mutua de accidentes Asegrup retirase a cobertura aos preto de 1.200 federados de Galicia alegando falta de pago do importe da prima do seguro.
Malia que as ligas autonómicas xa concluíron, esta decisión afecta directamente ás finais da Copa Xunta e á competición de Rugby Seven que se ía a disputar nas próximas semanas.
A Federación trasladaron aos equipos os xustificantes de pago dos tres primeiros trimestres, o que prolongaría a cobertura ata o próximo 4 de xuño, con todo xa foron varios os casos de xogadores que se atoparon con problemas nos centros sanitarios, entre eles dous federados do Mareantes Rugby Club.
A mutua non cobre a rehabilitación do xogador do Mareantes, José Manuel Justo, trala súa operación de xeonllo
Un destes xogadores está afectado dun problema menor, un esguince no seu xeonllo, pero outro, o integrante do equipo sénior José Manuel Justo, atopouse que logo de ser operado fai uns días dunha rotura de ligamentos, a mutua non se fai cargo da súa rehabilitación, o que motivou que momentáneamente sexa o propio lesionado o que asuma os custos médicos, tal e como asegura o director deportivo do club lerezano Pablo Irago, "Justo lo está llevando de su bolsillo y pidiendo facturas. Sólo en la rehabilitación hablamos de 38 euros por sesión y no menos de 15 sesiones".
Dende a Federación Galega, o seu vicepresidente Pedro Covelo confirmou que axudarán económicamente aos xogadores que se atopan nesta situación (ademais dos dous do Mareantes un do CRAT Coruña e outro do Campus Ourense RC) pero sen asumir responsabilidade algunha, "adelantaremos el dinero para ayudarlos y después pediremos compensación a la compañía o al consorcio. Es cierto que la siniestralidad este año ha sido alta pero eso no es un problema de la Federación".
As conversas coa mutua mantéñense abertas para buscar unha solución ao conflito, aínda que a Federación non descartan emprender accións legais.
SUSPENSIÿN DOS ADESTRAMENTOS
Ante esta situación de desprotección o Pontevedra Rugby Club decidiu suspender tamén os adestramentos, que estaba previsto continuasen ata o 30 de xuño. O único que manteñen, segundo corrobora o seu presidente Félix Álvarez, é a celebración do torneo de rugby-praia na Praza de Touros de Pontevedra, fixado para os días 29 e 30 de xuño, "aunque es un torneo oficial la mayoría de participantes viene de fuera y cada uno aporta su seguro".
Pola súa banda, o Marentes RC si mantén as sesións de preparación ata o 6 de xullo, aínda que para iso informarán por escrito aos pais dos xogadores da base na búsqueda dunha autorización, como recoñece Pablo Irago, "si quieren seguir jugando hasta final de temporada será bajo la responsabilidad de cada padre con su seguro particular, el club no puede hacerse responsable".