Catro cuartetos abrirán o domingo o IV Memorial Antonio Fernández dos Chaneiros
Por Redacción
A cuarta edición do Memorial Antonio Fernández volverá impulsar a música tradicional e a cultura galega en Marín este mes de xullo da man da asociación cultural Os Chaneiros. Comezará este domingo 12 de xullo co concurso tradicional de cuartetos e continuará o domingo día 18 co seu festival de música e baile.
Este domingo 12 Os Chaneiros serán uns dos grandes protagonistas do primeiro Día Grande das Festas do Carme de Marín. Pola mañá, serán os encargados do pasacalles e a partir das 18.00 horas organizan na Alameda Rosalía de Castro o seu concurso de cuartetos júniors, no que confirmaron a súa participación catro agrupacións con nenos e mozos de entre 10 e 20 anos. Ao termo do certame, participarán na Batalla de Flores Nocturna, prevista a partir das 22.00 horas.
Representantes da directiva dos Chaneiros presentaron este mércores o memorial acompañdos da concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, e insistiron na importancia desta cita cultural e a singularidade do concurso de cuartetos, o único para participantes júnior que se celebra en Galicia. Ademais de premiar as habilidades musicais dos músicos participantes, premiarase a súa aposta polas composicións do homenaxeado no memorial, o mítico Antonio Fernández de Marín. Así, é obrigatorio que unha das pezas que interpreten sexa deste compositor.
O concurso implica un premio de 200 euros e un trofeo para o primeiro clasificado, 100 euros e trofeo para o segundo e trofeo para o terceiro. Ademais, este ano darase unha axuda de 40 euros a cada un dos cuartetos participantes para axudarlle a pagar os gastos de desprazamento.
O domingo 18 de xullo continuará o memorial cun festival. Os grupos participantes daranse cita ás 20.00 horas diante do Concello de Marín, farán un pequeno pasacalles ata a Alameda Rosalía de Castro e ás 20.30 están previstas as actuacións.
Relacionadas:
-
O goberno local de Marín, satisfeito polos desenrolo das Festas do Carme
Por Redacción |
-
Marín pecha a semana grande das Festas do Carme
Por Diego Torrado |
-
Marín celebra as Festas do Carme cunha semana repleta de actividades
Por Diego Torrado |
-
Marín presume de 'alma cultural' con catro festivais artísticos en xullo
Por Redacción |
-
Un festival con Pitingo, Álex Ubago e Efecto Mariposa, principal atracción das Festas do Carme
Por Diego Espiño |
-
Concurso e festival de gaitas con motivo do III Memorial Antonio Fernández en Marín
Por Redacción |