Marín presume de 'alma cultural' con catro festivais artísticos en xullo
Por Redacción
As festas do Carme son, para Marín, un dos seus referentes. O municipio énchese de turistas e, segundo destaca o goberno municipal, é un momento “idóneo” para ensinar “a nosa cultura e a nosa alma”. Por iso, o Concello colabora economicamente con catro festivais artísticos que se celebrarán durante o próximo mes de xullo.
O primeiro será o sábado 11 de xullo. É o día previsto para o Festival de Bandas Airiños de San Xulián, organizado pola asociación Airiños de San Xulián. Xa o domingo 12 será a cuarta edición do memorial Antonio Fernández, un concurso tradicional de cuartetos, organizado pola Asociación “Os Chaneiros”, que tamén o sábado 18, terá o seu festival tradicional.
O domingo 19, a asociación Airiños de San Xulián celebra o seu Festival Folclórico, e o sábado 25 de xullo rematará esta programación coa XVIII Romaría Popular Trompos os pés, organizada pola asociación do mesmo nome.
Todas estas actividades terán lugar na alameda Rosalía de Castro.
A este esforzo asociativo, o goberno municipal recorda que os grupos Picuíña, Anxuíña e Os de Marín protagonizarán os pasarrúas que sairán durante as festas todos os días ás doce da mañá.
Relacionadas:
-
Catro cuartetos abrirán o domingo o IV Memorial Antonio Fernández dos Chaneiros
Por Redacción |
-
As Festas do Carme quentan motores cunha concorrida concentración moteira
Por Redacción |
-
Búscanse nenos para participar nas carrozas da batalla de flores nocturna
Por Oskar Viéitez |
-
Un festival con Pitingo, Álex Ubago e Efecto Mariposa, principal atracción das Festas do Carme
Por Diego Espiño |